Opinión | si home si
Jose Manuel Pereiro
Obamanismos
Oian, eu tamén quero falar/escribir de Obama, que para iso é un tema de candente actualidade e para iso papei a toma de posesión toda, repeticións e momentos máis significativos e anecdóticos incluídos. Escoiteino pola radio, vino pola tele e lino ó día seguinte nos xornais. Eu tamén asistín afervoadamente, tamén fun protagonista, aínda que de forma vicaria e a cuberto, dese momento épico e lírico. Un acontecemento máis da Historia no papo, prezados lectores.
Como saben, asistimos a un fenómeno mundial porque o presidente norteamericano número 44 é o primeiro afroamericano, un paso de xigante corenta e pico anos despois doutro paso adiante, doutra excentricidade: a designación do primeiro presidente católico, John Fiztgerald Kennedy. Da posta en escena, o que máis me gustou foi o que Boris Izaguirre cualificou na radio como "momento Ben-Hur": o intre no que uns heraldos tocan a trompeta para anunciar que sae ó palco o presidente electo. Tamén moito o desfile, tanto o das bandas (xa sei de onde sacou Steven Spielberg o modelo para o desfile triunfal na capital do planeta Naboo no final feliz de Star Wars. La amenaza fantasma) como o do propio presidente, cuspido ó das películas, arrodeado de axentes secretos como armarios de tres corpos. En definitiva, gustoume comprobar a pompa e circunstancia do que non deixa de ser un relevo dun cargo civil feito co mesmo simbolismo pedagóxico ca unha coroación imperial. Ata está pensando o momento en que o saínte desaparece da circulación. "Hala, para casa!" déronme ganas de berrar cando George W. Bush se despedía coa manciña na escada do avión.
Agora -xa antes, pero máis agora- todos somos Obama. Os de esquerdas (para entendermos) porque iso vén sendo (daquela maneira) o Partido Demócrata e porque na dereita española a política de Bush chegou a conservar máis partidarios ca no seu propio país ó remate do seu mandato. Pero resulta, nunha proba máis do seu liderado, que é de todos. Para o PSOE, pola súa defenda do público, por moito que logo da desfeita financeira mundial provocada pola desregulamentación, ata en Wall Street hai defensores pechados da intervención estatal. No PP agárranse ó seu patriotismo, como se todos os estadounidenses non o foran oficialmente, quitado algúns nos anos 70, e tamén, vendo a palla en ollo alleo, a que é un gobernante que ofrece garantías e firmeza, non coma outros. Realmente, os únicos descridos ou preescaldados son os da esquerda-esquerda, sobre todo nos EEUU, que avisan que non vai ser para tanto.
Eu non sei se vai ser ou non, e no seu caso é como para chegar e padecer unha crise de ansiedade, pero independentemente da habilidade ou torpeza das súas decisións, considero que non hai que desprezar o valor e a utilidade da esperanza e da confianza colectivas. Dígoo porque nas últimas horas pasáronme dous casos claros de obamanismo. O primeiro nun restaurante, cando o camareiro, que nos sabía periodistas, abroncounos porque o malo non é que haxa crise, senón que nos pasamos todo o día a falar dela, meténdolle o medo no corpo á xente, que así non gasta o peso que si podía permitirse gastar. En resumo, non hai nada peor que o desánimo. O outro foi cando coincidimos dúas señoras e eu na parada do bus. Acababa de pasar e tocábanos agardar media hora polo seguinte, e a maior delas concluíu que, como tiña presa, ía coller un taxi e propúxolle á outra levala se lle coincidía. Coincidía, que as dúas ían para El Corte Inglés. Como a min mal non me viña, díxenlles que me apuntaba, se non tiñan inconveniente. Asentiron sen poñer siquera mala cara ou de dúbida. Ese é o espírito.
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- La residencia de Eirís, financiada por Amancio Ortega, abrirá a final de año
- Así empezó Zara: Amancio Ortega, el jefe cercano que visitaba cada establecimiento en su Renault 5 rojo
- El Deportivo, atento al mecanismo de solidaridad por Álvaro Carreras: hasta 375.000 euros extra
- La mastectomía endoscópica se afianza en el Chuac de A Coruña: «Es mucho menos invasiva»
- Oficial: el alquiler turístico queda prohibido en todas las comunidades de vecinos
- Un concierto anunciado por el Concello en Riazor abre otro frente con el Dépor
- El Concello de A Coruña prepara 'una serie de conciertos' en Riazor en 2026 como 'despedida antes de las obras' por el Mundial