Opinión | asieu
Xoan Abeleira
A falla
Obama suspendeu temporalmente os "xuízos" do campo de concentración de Guantánamo e ordenou o seu peche ó longo diste ano. Esa, xa saben, foi a súa primeira, axeitada decisión tras ser nomeado presidente dos Estados Unidos. De Guantánamo falamos aquí hai un par de semanas, ó analizar o transfondo case que libertario da penúltima película de Clint Eastwood, O troco: a estreita liña que separa o legal do ilegal, o xustificable do inxustificable. Agora sei que esa liña non é tal nin moito menos estreita: é unha falla enorme. Unha franxa de 360 quilómetros cadrados de extensión, delimitada por un continuo fogo cruzado de balas e de mísiles.
No limbo atroz dise recuncho de Cuba, 247 almas agardan seren enviadas do inferno terreal ó inferno subterráneo por teren participado e/ou colaborado, supostamente, no atentado do 11 de setembro. Entre elas, a de Omar Jadr, que daquela, ós seus quince anos, foi acusado de matar un soldado estadounidense durante un tiroteo. Ou sexa, de tentar salvar o pelexo durante un combate coma calquera dos que vemos a cotío na televisión.
Ningún asasinato é comparable a outro, disque. Por iso, consonte a lupa do xuíz, do xurado, da sociedade ou do Estado que o fite, un asasinato pode ser un crime ou non, merecer castigo ou non. Secasí, un asasinato consiste basicamente niso: en quitarlle a vida a outra persoa, á marxe da arma e do motivo que se esgrima pra facelo.
Os suicidas que espetaron aquiles dous avións contra as Torres Xemelgas de New York vían os seus habitantes coma "inimigos", coma "invasores" e mesmo coma "terroristas" que pretendían asoballar o pobo árabe, en xeral, e o pobo iraquí, en especial. E, daquela, mataron case que tres mil persoas, a meirande parte delas adultas. Despois, tódolos seus supostos colaboradores, tódolos hipotéticos membros de Al Qaeda que a CIA podo atopar acó e acolá foron detidos, encarcerados e torturados en Guantánamo. En Gaza, istes días, o goberno e o exercito israelí mataron mil cincocentos "inimigos", "invasores", "terroristas", a maioría diles nenos; feriron case que seis mil e deixaron un ronsel de máis de corenta mil refuxiados. O esborrallamento daquiles rañaceos furou senllos buracos arrepiantes que fixeron chorar a medio mundo. Trala retirada -unha vez máis, provisional- dos soldados israelís, a franxa de Gaza é arestora un cavorco cen veces máis espantoso ca aquiles dous foxos neoiorquinos, e, no medio da resaca colectiva que xerou a chegada dun presidente negro á Casa Branca, os laios desa xente á que lle destruíron todo agás o odio semellan apagados.
Istes son os feitos, nin máis nin menos. Obxectivamente, non hai diferenza ningunha entre iles, pois cadansúa causa e cadanseu efecto son idénticos: alguén decide dar unha lección ós seus adversarios aniquilando parte distes (tal e como, sen dúbida, volverán facer pronto os integristas de Hamás). Mais os ollos dos xuíces do mundo a setenza é totalmente distinta. Mentres os sospeitosos e/ou responsables da matanza do 11 S podrecen, tras anos de agravios e de torturas, en Guantánamo á espera de cadansúa pena de morte, os soldados israelís que, perante os ollos de tódolos líderes mundiais, destruíron vilas e vidas, volven a casa pra recibiren unha medalla das maos do seu Primeiro Ministro, Ehud Olmert. E en Pozo Alcón (Jaén) unha mai xorda vai ir á cadea por darlle unha labazada ó seu fillo.
- Infarto en casa estando solo: cómo actuar de inmediato para salvar tu vida
- Nuevo varapalo para los propietarios: los inquilino podrán extender su contrato aunque el casero no quiera
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene las viviendas más baratas de la provincia
- El TSXG da la razón a Oleiros en expropiar y demoler un edificio
- El psiquiatra Enrique Rojas, experto en salud mental, sentencia a los infieles: 'El mejor amor se pierde si no se trabaja...
- La intranquilidad de las placeras del mercado de San Agustín en A Coruña: «Llevo 15 días que no pego ojo»
- Olalla Otero, pediatra de la Maternidad HM Belén de A Coruña: «Para lograr una lactancia de éxito es clave no separar a la mamá del bebé»
- La historia de la ciudad de A Coruña en dos libros