Opinión
Lino Braxe
Fame
Sen dúbida a noticia da semana foi a xura como presidente dos Estados Unidos de América de Barack Obama. Sen dúbida que as súas primeira medidas gozan dunha enorme simpatía no mundo. Fechar a ignominia de Guantánamo, declarar ilegais as torturas, acollerse ás leis da Convención de Xenebra e dedicar parte do seu presuposto a sanidade, educación e benestar social son iniciativas que espertan unha enorme simpatía no mundo e un gran alivio tamén. Obama ten por diante unha dificilísima tarefa. O legado do mandato Bush pesa sobre o novo presidente como unha lousa. Afrontar a presente crise económica e financieira e, á súa vez, dar solución as guerras de Afganistán e Irak non vai ser doado. De entrada, parece ser que sacar ás tropas do atolladeiro irakí forma parte das prioridades de Obama. É decir, que Zapatero neste tema non se trabucaba moito. Sen dúvida outra das noticias da semana foi o enésimo enfrontamento ou enésima polémica entre Gallardón e Aguirre, unha loita polo poder que vai tomando tintes de traxedia clásica, ou de comedia de situación; porque algunhas das informacións publicadas durante estes oito días, máis que un caso de espionaxe e de contraespionaxe, semella un caso de Anacleto ou de Mortadelo e Filemón. O malo de todo isto é que se chega a probar que se contratou e se investigou con fondos públicos. Algo moi grave nun tempo de crise, por non decir moi frívolo. Pero para min a gran noticia da semana vén de lonxe. Entramos no novo ano chinés, un ano que o chineses consideran que vai ser moi productivo e rico. Mais todo parece apontar que a primavera en China vai ser bastante quente. Hoxe en día dos douscentos millóns de chineses que abandonaron o campo para traballar nas grandes cidades, vinte millóns están en paro, e subindo. Son cifras enormes, inmensas, como todas as que nos chegan desde o país da Gran Muralla. Unhas cifras que me fan pensar no maior drama que sofre a humanidade. Corenta millóns de persoas pasan fame no mundo e moitos millóns máis viven no umbral da pobreza. Obama e a crise eonómico-financeira e o combate entre Gallardón e Aguirre fan que o noso ponto de atención se vexa afectado. Esquecémonos dos números que publica a FAO cada mes e que son estremecedores. Este luns e mañá martes, celébrase en Madrid unha conferencia internacional que tentará afrontar este delicado e dantesco problema. Os grandes países pretenden recuperar o espíritu da conferencia que tivo lugar en Roma hai, xa, algún tempo e na que se fixaron unha serie de accións que ficaron en nada. É o momento de erradicar a fame no mundo. Nestes primeiros cinquenta anos do novo milenio, os esforzos dos países poderosos deben focalizar esta catástrofe humanitaria e dirixir menos o telescopio á carreira espacial. Mal exemplo imos dar aos alieníxenas se non temos solucionado o pan dos terrícolas.
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- La residencia de Eirís, financiada por Amancio Ortega, abrirá a final de año
- El Concello de A Coruña prepara 'una serie de conciertos' en Riazor en 2026 como 'despedida antes de las obras' por el Mundial
- Gonzalo Castro: 'Hay una posición muy negativa de la propiedad del Deportivo que no había en 2022
- El Deportivo, atento al mecanismo de solidaridad por Álvaro Carreras: hasta 375.000 euros extra
- Fallece una mujer y otra resulta herida al ser atropelladas por una furgoneta de reparto de pan
- La mastectomía endoscópica se afianza en el Chuac de A Coruña: «Es mucho menos invasiva»
- Abre Spark81 en A Coruña: el primer espacio de juegos inmersivos en Galicia