Opinión
Plácido Lizancos
Como pode ser feliz unha parella "incompatible"
Non se trata de invadir o campo da pre-ocupada ministra Bibiana Aído, quen ten ó seu cargo a importante misión de evitar a "violencia das parellas"; enténdese mellor así, porque de xénero, temos varios: o común, o ambiguo e o epiceno. Neste momento non recordo como se chama o Ministerio que dirixe, que oportunidade para a austeridade! E temos ás portas a creación do de "Deportes", e posiblemente non tardará un novo Ministerio, o da "Intelixencia". Iso chámase "despilfarro"; pero entremos en materia.
Ningunha lei prescribe que home e muller teñan que ter iguais gustos e opinións. Algúns dos matrimonios máis unidos baséanse en enormes diferenzas. Non sei onde teño lido que un matrimonio fixérase a promesa de non lle levar nunca a contraria un ó outro. (Posiblemente moi aburrido). Pero isto non hai quen o entenda. Tamén existe un monumento dunha parella, cada un dándose as costas e tirando por lados contrarios con esta lenda. "Unha parella que se separou porque nunca discutiron". Como di Rosalía de Castro no seu filosófico poema Unha vez tiven un cravo, "esta natureza humana quen a comprenderá, Señor?".
Probablemente se escribiron máis desatinos sobre a compatibilidade que sobre calquera outro aspecto do matrimonio.
Ás veces topamos tests en revistas e suplementos dominicais que preguntan con frecuencia: "É o seu un matrimonio feliz?". "É o seu home o marido con quen realmente debeu vostede ter casado?". Normalmente pregúntanlle ás mulleres. Pero a pregunta pode facérselle ó home. "É a súa compañeira a muller normal con quen realmente debeu vostede terse casado?". Estas dúas preguntas van seguidas dunha serie de interrogacións persoais sobre costumes de durmir, maneiras de comer, métodos de traballar e afeccións de divertirse.
Pensan que raramente ós homes lles preocupan pouco estes problemas. Pero non é así, por que senón esta violencia chamada de xénero?, por que esas ordes de alonxamento?; por que esas pulseiras? Eles e elas tamén tenden a crer que en materia de amor e matrimonio todo lles vai ir a pedir de boca.
O tipo medio de home non desexa que a muller a quen quere sexa un espello de si propio, que reflicte todos os seus cambios, gustos e reaccións; e moitas mulleres séntense feridas por esta realidade. Cren eles que, como elas non desexan o que desexamos nós, non nos comprenden.
Certa muller fixo unha lista das cousas que ela e o seu home non teñen en común. El é calado por natureza mentres que ela falangueira. El é inexpresivo, ela necesita dar mostras de afecto e que llas dean. A el gústalle deitarse cedo e a ela gústalle trasnoitar, deitarse tarde vendo a TV. A el gústalle a música clásica e a ela encántanlle os tangos. El é esmerado e meticuloso, ela é descoidada e distraída. El detesta sacar a relucir as súas preocupacións e a ela agrádalle discutir todos os problemas. A pesar de todo a el gústalle ela e a ela gústalle el.
Por que? A muller empezou a se preocupar de que se levasen tan ben despois de tantas diferenzas e púxose a facer outra lista, esta vez de todo o que ela e o seu home teñen en común. O resultado foi sorprendente: non existen dúas persoas quen de participalo todo. Se unha parella comeza a ter diferenzas tremendas e vainas resolvendo nunha vida de existencia en común, crea unha forza en cada un dos seus compoñentes e entre un e outro que nada pode vencer.
Unha combinación variada é quizais o tipo de matrimonio máis forte e apracible que existe. Algúns dos matrimonios máis unidos baséanse en enormes diferenzas. Consólanse.
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- Los nuevos accesos al hospital deberán estar terminados a principios de 2027
- Nuevo acceso al paseo marítimo desde la plaza de Lugo y San Andrés
- Una jamonería ‘de cine’ en el centro de A Coruña
- Víctima de mala praxis en el ‘fisio’: «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando»
- Fallece una mujer y otra resulta herida al ser atropelladas por una furgoneta de reparto de pan
- El BNG y Alternativa entrarán en la Junta de Gobierno Local de Cambre
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante