Na primaveral noite do trece de abril no Pazo da Opera da Coruña a orquestra Sinfónica de Galicia interpretou en estrea o Admonitum. Composición do músico coruñés Sergio Moure de Oteyza coa que se daba paso froral ó Mendelssonh, da acaida céltica Noite de Walpurgis: música poderosa a do alemán, con ecoares bárdicos galegos, pondalians, as que cadran coas nosas paisaxes e historia. Pagana noite meiga, aquelarre satánico arredor das lumeiradas para celtas e vikingos coas que se pecha a invernía e vence a luz. Sabe ben o onde, cando, como e o que fai o director da orquestra, Victor Pablo. Xa se fixará en Moure de Oteyza dende que foi candidato ós Goya de cinema pola banda musical de Inconscientes, coidadísima película de Xoaquín Oristrell. O cinema, a televisón, a radio coas bandas musicais, contribuíndo a facer sentir, son un camiño para os novos e agudos músicos. Víctor Pablo neses encontros populares coa súa sobresainte orquestra nos anoitecedres de agosto na praza de María Pita, xa incluira no repertorio o tema central daquela banda, un tango clásico. Esta foi a limieira para o reencontro de Moure de Oteyza coa súa terra. Detrás os anos de formación en Barcelona e sempre cubrindo, sen éxito, todos eses papeleos que se requiren por parte de fundacións e organismos públicos galegos para solicitar beca.

Por familia, coñecemos, case dende que naceu no outono 1969, a Sergio Moure de Oteyza, por eso mesmo escribimos. Parte dunha saga de boticarios de Carballo de Bergantiños, fillo de Xesús Moure Seijo, esplendidamente xeneroso onde os haxa e máis con canto significa Galicia, que por aqueles anos sesenta, dende a súa rebotica, era o clamor de Unha voz en Carballo para animar a unha vila de estrada, de ir e vir. Coincidía con outras personalidades que se vinculan ás forzas vivas dun núcleo fagocitado polo desenrolismo, o xuíz Gonzalo de la Huerga, o arqueólogo Vazquez Varela... Victoria Fernandez España, que tanto prometía, alenta as crónicas bergantiñáns dende aqueloutra La Voz de Galicia, don Manuel Espiña bendice as ciremonias. A nai, Marián de Oteyza Copa, metida na música, nas artes e moi na educación dos seus fillos. As cousas non se deron mal nas dificuldades da vida e nunha casa na que se celebra a palabra, a música e a amizade con brindis de viños con sabores das mellores terras do mundo. Nesas o Sergio, con nome de persoeiro de novela rusa, era raparigo tímido, de escola e xogos nas rúas de Carballo, ó que nunca lle faltou un cuarto cun xilofón, unha pianola, guitarras ou canto lle pedise a uns gasalleiros Reis. Non caeu en valdeiro, nen a formación escoitando ós Beatles, a Sting, a U2... a predilección por John Lennon, figura que presidía o seu cuarto, mesturado con Mozart, Beethoven, Bach, Albinioni, Wagner.... Nos oitenta pasaron á Coruña, a rúa e Arteixo, testemuña a pe de xanela e obra de como na canteira de Santa Margarida, despois de varios contenciosos, se prefabricou o Pazo de Congresos, axiña remodelado para Pazo da Ópera... despois á casa e horta do Valiño, en Oleiros, entre cipreses e frutais... e cumpridos os vinte un pulo vital: a Barcelona para formarse, estudos de guitarra, harmonía, solfeo, composición e arranxos no Aula de Música Moderna e Jazz do Conservatorio do Liceo de Barcelona (1991-1997), curso de composición musical para cine impartido por José Nieto. (1995), curso de Protools dirixido por Jesús Pardo (2000). Os seus profesores non o perden de vista, nen tampouco os cazatalentos, os que axiña o incorporan a empresas de promoción, con algunha exitosa actuación no modernista Palu de la Música de Barcelona e algún viaxe a Galicia para actuar na Televisión Galega. Nas vacacións, inspirado e pechado, compuxo, coa pureza das operas prima que agora debe ser rescatadas, algunha compsosición con alicerces galegos, como aquela que tiña como argumento o pingar da auga na cisterna do Castelo de San Antón, de tristeira memoria. Músicas que nos serviron para complementar os silencios da cadea-museo e ambientar as visitas. Moitos pedian a referencia sobre o autor. Sergio Moure tampouco pasou desapercibido ó cantoautor Victor Manuel, na busca de novos valores. Os camiños fóronse ampliando, estudando as bandas musicaes cébres, Nino Rota, Arnold, Jhon Willians, Bernstein, Mancini, Sakamoto, Zimmer, Vangelis, Morricone... busca un estilo propio. Ate que aparece Joaquín Oristrell e lle encarga músuca para unha delicatessen cinematográfica Inconscientes. Entón o Serxio Moure métese no reto e consigue ese tango, que como sempre pasa, cada vez que se escoita máis gosta, ate ser un cláico do tanguismo: "La música de Sergio me guió, me inspiró y me dio la luz que necesitaba para contar la historia desde el sitio exacto donde la quería contar", dixo o meticuloso ourive cinematoigráfico Oristrell.

Nominado ós Goya no 2004, nun ano marcado cinematograficamente por Mar Adentro que asulagou outras ilusións. Novos encargos de sintonías, bandas musicais para longamertraxes (Un buen hombre, Cargo ...e agora e Retornos de Luis Avilés), programas e series televisivas (Abuela de Verano, Planeta Cine, Eco...), varios curtos (Absent, Cien Años, Pacto entre Cabaleiros, Incomunicados, Propiedad Privada, La Comida...varios delens cataláns como Juanito va agafar el seu fusell, A pintrega...) item, música para coreografías, teatro,... reclamado para impartir clases e conferencias.... e velaí a "el Sergi Moure", outro creador galego con promoción en Cataluña.

Víctor Pablo, esa gran inversión cultural coruñesa, que mira a tódolos puntos cardinais na sensibilización musical, a valores de antes e de futuro, a músicas clásicas e contemporáneas, contribuindo a educar na cualidade, na tolerancia, imprescindibles para achegarse, sen prexuízos, a valorar limpamente calquera obra de arte, deu con Sergio Moure. Estimulóuno deica conseguir, en brevidade de tempo, este Admonitum, breve e primevaral biografía que comenza en Carballo e remata neste concerto en loubanza dos primaverais deuses célticos . Todos agradecen o claicismo fronte á normalizada contemporaneidade que provoca desafinados desacougos. Á memoria veñen aqueles polémicos versos de contrapelo unamuniano:

"Volveran las oscuras golondrinas...

¡Vaya si volveran!

las románticas rimas becquerianas

gimiendo volverán....

Mas los fríos refritos ultraistas,

hechos a pouro afán,

los que nunca arrancaron una lágrima,

¡¡esos no volverán!

Sergio Moure de Oteyza e seu autobiográfico e romántico Admonitum, que arrastra unha aprendizaxe a través do cine -por eso tamén de que a vida e os sonos cine són- recibiu os parabens da crítica, os aplausos dun público coruñes ben formado en asuntos musicais. Timidamente e sen aspamentos correpondeu e saudou dende seu traxe de pana branca. Sabe e busca a perfección en tempos controvertidos.