Agaliña do Carlos Casares, na que as autoridades pedagóxicas din se inspirar para o novo logotipo das escolas infantís, coido que é singular non só por azul senón por ser a galiña máis galiña de todas as galiñas. Escoitémolo. O Carlos xa non está connosco, mais sempre poderemos oír ao narrador falando en cocorocó:

"Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas roxas na ala dereita. É unha galiña moi bonita e moi rara. Pón ovos de colores? ademais non di cacaracá como as outras galiñas senón que di cocorocó."

O narrador segue a explicar que isto "?ten preocupadas ás autoridades? hai catro días chegoulle un oficio a Lorenzo pedíndolle que entregara a galiña polas boas?"

E mais conta que "O alcalde Manolito Listón dixo? que non se podía tolerar a existencia dunha galiña azul, porque -según Manolito Listón- unha galiña azul que pon ovos de colores e que dí cocorocó en vez de cacaraca non é unha galiña como é debido?".

A historia remata así: "?algúns din que a galiña tenna (o Lorenzo ) disfrazada de branco para que non lla conozan."

O autor dedicou o seu libriño do 1968 a Ana Lasquetty González Pardo, "unha nena loira cuns ollos azules cheos de luz", que cando lle perguntaban dicía que tiña dous anos ,"colocando os dediños da man dereita igual que fai o Papa nas bendiciós".

Mais levárona para Santander é o escritor pidíalles aos pais "que non se esqueza nunca de que é galega". E engadía: "Mentres non voltes, mándoche istes contos escritos na túa lingua? para que podas lembrar aquelas (palabras) ditas por aquela vella campesiña que viña do dentista de arrincar unha moa: "ai, que nena tan bonita! Parece unha mazá". Non me sexan paisanos de caricatura, señores. As nosas galiñas -mergulladas desque nacen no castellanismo- saben todas falar en cacaracá. Porén ningunha que non saiba se comunicar en cocorocó ten dereito a se chamar galega, por moito que non lles pareza "o debido" aos Listóns todos.

Canto ao deseño da nova mascota das escolas infantís, co permiso dos autores, xa moi adultos -Trichi, Ilda, Minia e Alberto García Alonso- había onde escoller bonitas galiñas, azuis, vermellas, amarelas? Esa galiña azul das escolas infantís, lapis ao ombro, poderá ser unha galiña, e ata azul, mais non é das que din cocorocó como as galiñas do país.

Non é unha pita azul.