Opinión
Lino Braxe
Michelle e Leticia
Foi como un novo Bienvenido, Mr. Marshall, que neste caso podería ser unha Bienvenida, Mrs. Obama. A Costa do Sol púxose tola coa chegada da primeira dama da primeira potencia mundial. Ten a súa lóxica. O turismo na zona leva dando bandazos desde hai cincoenta anos e todos viron a posibilidade de que a visita das Obama colocase a Málaga e Marbella no mapa planetario definitivamente. En moitos casos fíxose o ridículo ao mellor estilo da entrañable e corrosiva película que protagonizaban Pepe Isbert e Manolo Morán. Pero é que as cifras eran astronómicas e só se reflexionou con respecto ás cifras. A repercusión da viaxe xerou que informasen sobre a mesma seiscentas televisións, dous mil cincocentos xornais, dous mil medios online, mil radios, novecentas revistas de caracter xeral e novecentas revistas do corazón. Era inevitable a reacción dos andaluces. Pero estas cifras, que son reais, non teñen a incidencia sobre a estabilidade da noticia que podían ter hai vinte anos. Pasada unha semana do garbeo de Michelle, xa ninguén fala do tema. Isto foi o que non se calculou. Ademais de que as vacacións da primeira dama en España xeraron un monte de críticas nos medios informativos norteamericanos. A esposa de Obama foi calificada de nova María Antonieta e de Raiña de Saba polo despilfarro de cartos dos contribuíntes nunhas vacacións privadas. E é que esta viaxe tiña tamén as súas cifras: coarenta amigos dos Obama acompañaron nesta xira a Michelle e se aloxaron nun hotel de cinco estrelas, entre sesenta e setenta cuartos foron reservados cun prezo de dous mil cincocentos dólares por noite (a estanza das Obama valía cinco mil cada día), perto de noventa axentes de seguridade acompañaron á primeira dama e, por último, que non menos grave, o método de transporte foi o Air Force Two. Todo isto foi publicado na prensa estadounidense que considera que na actualidade moitos americanos o están a pasar mal. Pouco queda en Michelle das súas orixes. O poder é o que ten, pervirte a gran velocidade. E despois temos o de Leticia. Tamén en casa temos a nosa rapaza "pija-chic". A princesa declarou que está moi contenta co seu traballo actual e que non bota en falla a súa profisión de xornalista. Toma, claro. Onde hai que asinar? Que alguén lle explique a esta rapaza que a monarquía non é un traballo senón un oficio que se aprende para exercer de por vida. Ti, monada, non tes nengún traballo. Gozas dun status polo que representas a un Estado. E xa no colmo do esquecemento das súas orixes, cando unha compañeira xornalista lle preguntou que tal o estaba pasando de vacacións, a nena respostou: Ti cres que isto son vacacións? Pois mira, princesa, sí que o son. Estás nun pazo marabilloso dunha illa marabillosa, podes viaxar nun iate marabilloso tostándote baixo o sol marabilloso do Mediterráneo. Prefires volver ao teu piso de Madrid? Adiante. Agora a realeza tamén se divorcia. Pero estou seguro que, de momento, non pensas dar ese paso. Así que aprende a estar máis caladiña e a ser máis prudente que sempre tiveches demasiada querencia polos micrófonos.
- Alegría para los conductores en España: no tendrán que pasar la ITV a partir de 2025 si su coche está en este listado
- Así serán las bajas médicas a partir de 2025: Un nuevo sistema que evaluará la situación de cada trabajador
- Lucas Pérez se irá al Rayo si pacta su salida del Dépor
- Ikea recupera la estantería para el baño que arrasa entre los jóvenes: menos de 6 euros y se monta sin obra, ni agujeros
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro
- Una influencer madrileña se deshace en elogios con 'el restaurante más icónico de A Coruña': 'Menos de 15 euros por cabeza
- Un soltero de 'First Dates' abandona la cena tras conocer la confesión de su cita: 'No podría tener una pareja que hace eso
- El Como sube la oferta por Yeremay pero el Dépor se aferra a la cláusula