Eaparición na Galiza do presidente do Goberno virtual, desta ben utilizado o adxectivo, non é unha casualidade, senón lóxico, sen dúbida entrañábel e, sobretodo, xusto.

Anque nacido en Santiago trátase dun home do Sur, galego pois. Cunha nenez entre o Carballiño, daquela rebaptizado Carballino nunha lingua inventada, de ningún imperio vivo ou morto.

Mariano comezou a súa carreira política, tan difícil como as oposicións a Rexistros anque asemade con tanto suceso, na Boavila, onde gañou a súa primeira presidencia, a da Deputación.

Todo isto ten moito de coñecido, de familiar, de galeguidade do sangue.

Porén o máis salientábel -agora que se vulgariza a estatística- é o record no tempo: Mariano Rajoy Brey é o segundo galego xefe dun Executivo democrático desde hai tres cuartos de século. O anterior, o coruñés Santiago Casares Quiroga, está aínda abraiantemente preterido no seu berce.

Por certo, na Unión Europea, e na imensa maior parte do resto do mundo halles custar pronunciar o nome de Rajoy.

E se fora Raxoi, ou Rajoi na grafía lusófona?

O que lle cómpre, para culminar tan brillante curriculum, será que Frau Merkel o chame Herr Rahoe.

Madía leva!