As cousas, sobre todo en política, poucas veces, se algunha, son o que parecen. Por exemplo parece que o novo número de forzas políticas ven confundir o horizonte inmediato.

Desque os dirixentes do partido gobernante e algúns da oposición comentaran a convocatoria de eleccións para o 21 de outubro, hai unha certa tecedoira común.

Para comezar, a TVE recolleu manifestacións orais -á noitiña rectificou- sen subtitulalas. Non é sorprendente, se consideramos o léxico e mais a fonética empregadas por aqueles. Así se entende que adoiten decir por aí que "el gallego es como un dialecto del español".

Analicemos.

O PSOE (PSdeG) adiou a escolla directa do seu candidato para pór en escena unha aclamación.

Os Irmandiños, agora con pretensións de anovadores, foxen da hexemonía dun Bloque dominado por unha formación con saudade de partido único, para finalmente ir de ganchete con outra cuspidiña e amais non nacionalista, Izquierda Unida (EU).

Compromiso por Galiza parece que cheira mellor, nunha liña de unión galeguista, "desde o centro liberal ata a esquerda non dogmática", como ben di o Bascuas. Fáltalle se converter nun partido cun nome que non sone (CxG) a mensaxe dixital.

Nan nosa opinión os resultados hipotéticos non habían ser, se cambiar, moi diferentes de parénteses anteriores da gobernación extradereita, se chame bipartito ou se chame tripartito.

Conclusión:

O propósito da decisión de Rajoy-Feijóo é evidente.

Os precedentes non foron bos. En Asturias defenestraron ao Álvarez Cascos, mais en beneficio do PSOE. En Andalucía, nova derrota do Arenas e continuidade dos partidos da esquerda.

Adiantar ou recuar.

Velaquí a cuestión.