19 de septiembre de 2012
19.09.2012
Soliloquios

Autodeterminismo

19.09.2012 | 02:00

Pasan os séculos e néganse a aprender a canción. Refírome, pois, aos mandatarios porque boa parte dos mandantes nin saben nin teñen vontade de chegaren a saber.

Arredor dun millón de cataláns saíron ao sen gaiolantes carrers de Barcelona, co gallo da última Diada, para berrar o seu dereito á autodeterminación, o rexeitamento a non recoñeceren máis determinismo que o propio. Non sinónimo de independencia, mais de autogoberno.

É independentista a inmensa maioría dos manifestantes? De ningún xeito.

No infausto reinado do Felipe IV dos Austrias españolizados, o 11 de xuño do 1640, día do Corpus, els segadors do himno catalán opuxéronse a seren por máis tempo carne de cañón da cobiza insaciábel do conde-duque de Olivares. Revoltáronse e ata xogaron coa ameaza de escoller a Francia. Non foi unha boa idea cando o Rei perdera o Portugal herdado por Felipe II (Filipe I).

A comezos do XVIII Felipe V, o Borbón francés neto de Luís XIV, le roisoleil, descargou o decreto de Nueva Planta, esmagando as liberdades de Catalunya e provocando a morte, no 1714, do último conseller, Rafael Casanova, en cuxa memoria se celebra a Diada.

Xa no XXI, nun das súas sarcásticas análises Esperanza Aguirre, sorprendentemente dimisioneria, recorda que o Estado das Autonomías naceu para resolver as cuestións catalá e vasca. De seguro. Mais esquécese de propugnar unha estructura federal do Estado. Dío ela, sátrapa da Comunidade Autónoma de Madrid, onde está a sede da TVE que fixo o ridículo ao relegar a "interiores" o notición da Diada 2012. Será a pública algún día a televisión de todos, independente do Goberno de turno?

O Parti Quebecois atinxiu a independencia francófona do Canadá? E os nacionalistas escoceses?

Mentres non acepten con naturalidade un referéndum en Catalunya -e mais en Euskadi, desde logo- a España só terá de euro a moeda, se non a perde.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook