Señor, un auséntase por saúde e canso, días despois se conecta; que bárbaros, non dan acougo. Jimmy segue sen ter xustiza. Ata Javier Tebas, criticou duramente o sobreseimento da causa. A ver, se o Frente Atlético leva varios mortos nas súas costas non debería ser ilegalizado, perseguido como grupo terrorista e os seus protectores xulgados como cómplices? Aitor Zabala e familia, un saúdo.

O de Jimmy non ten nome. Claro que si. O que se creou na manifestación é certo "Frente Atlético Asasinos". Xente armada. Que chama a outra xente de países do leste, máis armados aínda, e máis animais. Jimmy, amigo, mira cara o mundo. Xa verás. Pasaron máis cousas. Aleluia. Cuba, acaba de decidir que ser homosexual ou lesbiana non é unha tara. Gracias.

Tardáchedes 50 anos en decatarvos. Moi ben. Desde hai anos xa non había campos de concentración para desviados e desviadas sexuais.

Pero agora, faise público que outra maneira de vivir o mundo do sexo existe. Noraboa. Parabens. Pero que lentiños, non? Un día contarei, como eu, heterosexual, convertinme en mito dos homosexuais da Habana. Comprenderedes ese día, que mal andaban as cousa por aló.

Logo está Trump. Un chalado. Un animal. Un protagonista dun cómic. Existe? É un imaxinario colectivo? Non. Existe. E esa é a desgraza. Somos os seus inimigos. Que parvo, que infantil. Marcha para casa, pequecho. Os europeos levámonos matando entre nós máis de 2.500 anos. E vós tedes unha guerra fratricida entre o norte e o sur e temos que tragala todo o día.

Anda, anda. Que vos gañamos. A guerra dos trinta anos e dos cen anos, sen ir máis lonxe. Por non falar de toda as guerras protagonizadas polo mundo grecolatino. E o medievo? Creastes da exterminación dos indios dos Estados Unidos, unha épica moral e cinematográfica. E o cerco de Viena polos musulmáns. Ou a toma de Constantinopla polos susoditos? Aí morreu máis xente que en toda as vosas guerras no voso territorio. Máis que en Vietnam ou en Corea. E temos que tragar co voso heroísmo. Por favor. E despois, ven a traizón a Sandino.

Isto ocuparía outro artigo. Nicaragua. Cando os bispos están dunha banda, estupendos. Cando están da outra, golpistas. Isto é foron golpistas con Somoza e agora con Ortega. Que cansazo, señor. As ilusións das persoas deben ser respectadas, non ideoloxizadas, porque afortunadamente non todo é política.

O mundo tamén se move por sentimentos, por intelixencia sensible e non doutrinaria. Así que, familia de Jimmy, amigos e camaradas da súa causa. Ánimo. Sigamos traballando pola súa memoria.

Xa vedes que nun mundo tan louco, extremo, triste e ruín todo é escuro. Mais, nós, temos que devolverlle a luz da xustiza ao noso asasinado. E desexar que a certos xornalistas cavernícolas nunca lles pase nada, que vivan ben, que non teñan desgustos, que non lles maten a ningún amigo por ir ao fútbol. Nós, ao noso. Dar vida no medio de tanta sombra. Jimmy, vive.