Nadia Murad será la próxima Premio Nobel da Paz. O xurado esta vez fixo xustiza. Non se trata dun Premio Nobel da Paz político e de conveniencia. Non se trata de Obama, vaia. Un home cuxo único mérito para tal galardón foi pronunciar unha conferencia moi axeitada en El Cairo. Nesta ocasión o xurado tomouse en serio o Premio e entrégallo a unha muller que sufriu un verdadeiro calvario durante o tempo que permaneceu secuestrada polo Estado Islámico.

Nuria Murad, como outras tres mil mulleres e nenas yazidíes foi violada sistematicamente polos seus verdugos. O corpo de Nadia foi torturado tamén ata límites insospeitados. Por iso as secuelas que arrastra son tremendas. Por non falar das secuelas psicolóxicas que nunca superará na súa vida. Ser yazidí en Irak sempre foi un problema, pero no Irak ocupado polas bestas do Estado Islámico significaba a morte ou a explotación sexual ou o escravismo. Supoño que unha das cousas que lles molestará a estas xentes é que os yazidíes practican unha das relixións máis antigas da humanidade, o zoroatrismo. Como conta Nietsche no seu Así falaba Zaratustra, nunha ocasión unha persoa foi atacada por unha serpe que se lle introducía pola boca.

O infeliz pedía socorro sen saber como liberarse daquel réptil que se lle estaba metendo no seu corpo. Zaratustra deulle unha solución e unha resposta ben sinxela e efectiva: "Mórdelle a cabeza e cuspe fora de ti ese bicho". Algo semellante debeu pensar Nadia cando logro fuxir dos bárbaros que a tiñan retida. Morderlles e cuspilos fora. Unha das cousas máis comprensibles que lle suceden a Nadia é a complicidade que espertan as súas palabras. Nadia non quere ser activista para sempre. Non quere contar unha e outra vez a súa historia. Quere ter unha vida propia máis aló da súa traxedia. É entendible e se temos unha mente xenerosa, desexable para ela. Sería unha forma de sandar, ir alonxándose aos poucos da parte máis terrible do seu pasado, para que o pasado anterior ao Estado Islámico e o seu presente e futuro empecen a ocupar o territorio da súa existencia. Por iso non me gusta ter unha ministra de Xustiza que considera "éxito asegurado" montar putiferios para gravar a políticos e xuíces. Non é serio. E deixa a loita das mulleres en moi mal lugar. Como non me gusta que un alcalde lle chame "chacha para todo" a unha presidenta dunha Deputación. O camiño da batalla das mulleres aínda e longo. Acadáronse moitas cousas, pero aínda queda moito por facer. Por iso as pequenas miserias da nosa cotidianidade son terriblemente desprezables se se compara co sendeiro de terror polo que tivo transitar Nadia Murad.