Hai catro anos, a construción de En Marea, unha plataforma que axuntaba as forzas nacionalistas ás de esquerda para concorrer ás eleccións, aumentou a capacidade da esquerda galega para acadar representación nos parlamentos de Galicia e España. Naquel momento, o sistema de reparto dos escanos favorecía os resultados da dereita, concentrando os seus votos no PP. Dende aquela, o mapa político español mudou e hoxe, con ese voto espallado entre tres partidos (PP, C's e VOX), poderían mellorar as posibilidades para unha formación de esquerdas consolidada. Feito que se truncou para En Marea polas liortas internas e a puxa polo poder na dirección do partido, alén de amosar que quizais Luís Villares non fose a persoa máis axeitada para lidéralo e afortalar a unión entre as distintas forzas que o conforman.

En Galicia, é probable que o PP se sosteña como partido exemónico da dereita, aínda que pode ceder parte dos seus votos a C's e VOX nas cidades.

Fose como fose, a esquerda concorre ás eleccións xerais fragmentada en tres formacións (Podemos-EU, En Marea e BNG) sen unha decantación maioritaria dos votantes cara a ninguna; o cal dificultaría a obtención de diputados por calquera delas e podería favorecer o voto útil de centro-esquerda para o PSOE. O que tamén sucede noutras partes de España.

Por outra parte, semella que as mareas municipais resisten e manteñen a súa unidade interna, o que pode propiciar o apoio dos votantes.