O cambio climático se debe ás políticas dos países desenvolvidos, que son principalmente os países do norte.

Cando as condicións climáticas no noso país xa non sexan adecuadas para a vida, migraremos cara estes países do norte.

Sendo os países do norte responsables da situación climática insostible, gustaríame que non nos recibisen con pelotas de goma, nin nos devolvesen en quente (ao quente), nin que houbese unhas alambradas con concertinas na fronteira con Francia que nos cortasen as mans e pernas, nin que nos deixasen morrer afogados cando as nosas precarias embarcacións ilegais envorcasen ao cruzar a Canle da Mancha.

E se os e as habitantes deses países do norte se xuntaran, organizaran, e ata fundaran partidos políticos para impedir que saísemos do noso inhabitable e querido país, non daría crédito, e ata tolearía, ante tal terrible egoísmo.

As penosas condicións para a vida nas que se atopan os e as habitantes dos países desfavorecidos que emigran cara Europa ou América do Norte, se deben igualmente ás políticas dos países desenvolvidos.