23 de mayo de 2020
23.05.2020
La Opinión de A Coruña

Eleccións agora?

23.05.2020 | 00:47
Eleccións agora?

Para tratar de comprender a convocatoria electoral de Feijóo, basta con analizar o seu comportamento durante este período de crise sanitaria. En datas anteriores á chegada do coronavirus, no PP eran coñecedores dos datos demoscópicos que manexábamos tódalas formacións políticas, que falaban dun imparable cambio de goberno en Galicia, Feijóo non tiña ningún éxito que amosarlle á cidadanía nos seus 11 anos de goberno e fronte a esta sensación de fatiga, era crecente a ilusión pola alternativa de esquerdas que emerxía no PSdeG-PSOE liderado por Gonzalo Caballero.

Feijóo aproveitou a epidemia para silenciar á oposición, abusar duns maltratados medios públicos e levar a cabo unha premeditada confrontación cun Goberno do Estado, preocupado en como sacarnos da crise sanitaria sen deixar a ninguén atrás. Estou seguro, que ningún dos lectores recorda algunha medida digna de mención en materia sanitaria, social ou económica tomada pola Xunta de Galicia durante este período, pola contra somos coñecedores do enorme esforzo que están a desenrolar os nosos concellos e a propia administración central, con actuacións como o confinamento que tivo un especial éxito en comunidades da periferia como a nosa ou as medidas de apoio a autónomos, traballadores e persoas sen recursos, que recorda que existe outro xeito de actuar fronte a unha crise, diferente á que o PP levou a cabo fai una década.

Cos medios públicos asoballados e toda a atención na desescalada, Feijóo pretende unha campaña electoral desigual e sen garantías sanitarias, seguir co seu adoutrinamento dende o poder e ter á alternativa de esquerdas nun confinamento mediático que imposibilite falar dos continuos recortes en sanidade, educación ou servizos sociais e a súa incapacidade para construír un proxecto de futuro para Galicia. Falarlle a Feijóo dos riscos sanitarios desta convocatoria ou da necesidade dun pacto para a reconstrución do noso país é completamente imposible, prefire unha batalla electoral para intentar perpetuarse no poder, pero os galegos xa non tragamos con rodas de muíño e seguro que comprenderemos o porque desta irresponsable convocatoria.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook