Opinión | Algo que declarar
Darío
“Compañeiro Daniel de vida innumerable / como os astros do ceu i os camiños do mar”. Poderían chegar estes dous versos de Darío Xohán Cabana dedicados a Castelao, impecablemente medidos e ritmados, para mostrar a súa concepción da poesía como continuidade e recreación do canon occidental e posta ao servizo da construción nacional do seu pobo: Galicia. Apego á tradición e compromiso político son valores máis ben refugados por unha crítica que estableceu hai tempo unha división case pacífica do traballo entre literatura para a Academia, formalmente renovadora, e literatura para o Mercado, neutral politicamente e unívoca no seu sentido.
A obra de Darío vén de outro tempo e non ten máis tema que o propio país. Non encaixa entre os que esixen unha experimentación continua das formas artísticas. Tampouco lles pode parecer ben aos teóricos da submisión da literatura ao mercado a escrita dun autor que fixo do conflito nacional en forma alegórica o seu esquema narrativo predilecto. Porén, tanto na poesía como na novela, Darío foi dos autores máis lidos do seu tempo e ninguén dubida que dos máis altos. Sen dúbida, o dominio absoluto e coñecemento profundo da lingua forma parte dos seus méritos indiscutibles. Unha lingua chairega de liñaxe campesiña que, probablemente, nas súas mesmas doses de pureza e abundancia, non veremos aparecer nunca noutro escritor en galego, dado que as condicións sociais e históricas da súa reprodución foron destruídas para sempre. De feito, este semella ser o tema de algún dos seus poemas: o da conciencia de ser el mesmo o último posuidor dunha lingua que recibira na súa forma case que medieval. De aí o laio e o ton elexíaco e crepuscular de boa parte da súa escrita, como acontece na de tantos outros poetas de pobos como o noso, que teñen aínda pendente o labor da súa liberdade que é o da súa supervivencia.
Poeta nacional e popular que contemplou como parte da súa obra tornaba en contrasinal iniciático ou himno tabernario para militantes da súa mesma corda, como aconteceu co poema de reminiscencias homéricas a Castelao musicado por Suso Vaamonde co que iniciamos esta homenaxe ao autor de Roás. Ese debe ser un dos maiores recoñecementos aos que pode aspirar un escritor: pasar do rexistro escrito ao oral, do papel á memoria comunal e viva do seu pobo, como foi o caso tamén do seu mestre Manuel María.
Darío formou parte da mesma xeración e agrupación política de Moncho Reboiras e daquela UPG, nidiamente independentista e revolucionaria da clandestinidade antifranquista, á que lle puxo letra e na que participou co máximo grao de compromiso. Logo, coa mudanza dos tempos e dos ánimos, acompañou a Ferrín, outro dos seus mestres confesos, deica as fileiras do independentismo que representa a FPG. Nos últimos tempos adicábase á tradución dos clásicos provenzais e de Dante, noutro xeito de servir a nación a través da palabra da que el foi o mellor ourive. Todas as testemuñas sinalan que era, ademais, un home de gran humildade e ancho corazón.
- Infarto en casa estando solo: cómo actuar de inmediato para salvar tu vida
- Nuevo varapalo para los propietarios: los inquilino podrán extender su contrato aunque el casero no quiera
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene las viviendas más baratas de la provincia
- El pediatra Carlos González explica cómo conseguir que los hijos estudien: 'Matamos su deseo de estudiar
- El TSXG da la razón a Oleiros en expropiar y demoler un edificio
- La intranquilidad de las placeras del mercado de San Agustín en A Coruña: «Llevo 15 días que no pego ojo»
- Así es el mercadillo más popular cerca de A Coruña: cada sábado desde hace más de 40 años
- Olalla Otero, pediatra de la Maternidad HM Belén de A Coruña: «Para lograr una lactancia de éxito es clave no separar a la mamá del bebé»
Una propuesta gratuita para acercar la tecnología a niños y jóvenes este verano
