Galicia está perseguida pola incomunicación! Xa non a tiñamos moi boa e aínda por riba cáennos as pontes. Agora tócalles dar voltas polo Cebreiro ós que veñan ou vaian cara a Madrid. Detras do verán vén o inverno e vai ser problemática a circulación pola zona debido ao inevitable desvío co mal tempo. Hai moita xente que viaxa por esa estrada. E agora a quen se pedirán (se se piden) responsabilidades? Haberá unha solución segura, satisfactoria e canto antes deste problema? Cómo é posible que se conserven pontes romanas con máis de 2000 anos e que caian coma naipes as construídas hai 20 anos contando coa tecnoloxía e os adiantos actuais? Tan mal traballan agora os responsables das obras públicas? O delegado do Goberno en Galicia di que “o desvío será prolongado no tempo”, o que se traducirá en a saber cantos anos... Amola dicir o seguinte, pero é preciso: Se caera este viaducto en Cataluña ou no País Vasco, o comentario sería que “a solución vai para largo”? Ou acudiría o presidente Sánchez raudo e veloz para aloumiñar ós respectivos antes de que se lle rebotaran? 

Galicia, con mala comunicación, prolongada no tempo, dende sempre. Ata cando? .