Nos derradeiros anos, líderes políticos de democracias consolidadas, están a impoñer normas que supoñen un freo aos avances sociais. Os seus mandatos, con ideas como a negación do cambio climático, a infravaloración da pandemia, nacionalismos radicais, oposición a inmigración, defensa dos poderosos…cuestionan a orde e convivencia internacional; incluso ao propio sistema democrático. Pese a saída de D. Trump e a recente dimisión de Boris Johnson, os problemas derivados desa ideloxía, non remataron. O Tribunal Supremo dos EEUU, vén de tombar, nunha sentenza histórica, a protección federal sobre o acceso ao aborto, devolvendo aos estados a posibilidade de lexislar sobre o tema. A lexislatura de Trump segue a ter continuidade aínda despois dos anos do seu goberno (2017-2021), un período de enorme deterioro das normas de convivencia e igualdade e de claro retroceso democrático dentro do seu país.

Por outra banda, en Rusia, Putin pretende impoñer unha nova orde internacional, sen dubidar no emprego da forza, mentres a cidadanía ve ameazados a meirande parte dos dereitos individuais. O auxe dos partidos de extrema dereita, nun contexto internacional conflitivo e moi desigual social e economicamente, está acompañado de normas que sobordan

autoritarismo, desigualdades, racismo…amosando que o longo camiño cara un mundo mellor segue sendo, neste intre, unha utopía.