Opinión | IN MEMORIAM

Os Diplomáticos de Monte Alto

Mangüi. Sempre en nós!

Mangüi, segundo pola esquerda, nunha foto de 2010. |   // FRAN MARTÍNEZ

Mangüi, segundo pola esquerda, nunha foto de 2010. | // FRAN MARTÍNEZ / Os Diplomáticos de Monte Alto

Libre e independente, o noso Mangüi adicou toda a súa vida a repartir cousas bonitas polo mundo. Era un músico excepcional, único. O músico total. O mesmo armaba festa para quince que para quince mil. Aprendérao do seu avó que, de pequeno, levábao a cantar boleros, habaneras e tangos polas tascas todas. E nunca deixou de facelo. Non hai palco nin recuncho onde non tocara o seu baixo: con Los Gemelos y su Orquesta, con Zorza el Griego, Luar na Lubre, Miki Nervio, Os Bochechiñas, A Tribo da Terra, a Sonora Callejera, La Canalla, Os Frikipaldis, Banda Calavera, Os Duguis, Os Triguis e con tantos e tantos colegas. A calquera músico que lle preguntes, falarache do seu inmenso talento, mais, sobre todo, do seu compromiso coa música e con facer feliz á xente. Bo e xeneroso. Todo corazón. Sempre cun sorriso. Cos Diplomáticos de Monte Alto, cruzamos xuntos A Pasaxe para berrar as nosas historias de rapaces de barrio pola ruta, herdeiros das grandes orquestras do país. Sentímonos donos do noso tempo. Foi a felicidade total. Ser os teus amigos é unha honra, neno. Sempre en nós! Manuel Martín Mangüi, Ghaiteiro!