Opinión
Unha economía que funciona, mais con retos por diante
Esta semana, o Foro Económico de Galicia presentou o seu informe trimestral de conxuntura. Nel constatamos o forte crecemento da economía galega e española. Hoxe somos unha illa de crecemento na Unión Europea. Un dato: en Galicia, a taxa de paro sitúase por debaixo do 9%, un nivel que non acadabamos desde antes da Gran Recesión.
Se miramos cara atrás, é sorprendente ver ata onde chegamos. Nin no escenario máis optimista en plena pandemia, a finais de 2020, poderiamos imaxinar que, en só catro anos, estariamos nunha situación tan favorable, con niveis de PIB e emprego claramente por riba dos rexistrados en 2019.
Ademais, é importante salientar que, a diferenza de 2008, hoxe non padecemos os desequilibrios que explican por que a Grande recesión foi tan dura en España. Contamos cun superávit comercial e non hai burbullas económicas á vista. Porén, non todo é positivo. O dato máis preocupante segue sendo a débeda pública, que supera o 100% do PIB e que obrigaranos a consolidar as contas públicas na próxima década, en liña coas esixencias das actuais regras fiscais comunitarias. A boa nova é que a recente caída dos tipos de xuro en 2024 alonxa as preocupacións polo custo da débeda, ofrecéndonos maior marxe orzamentaria.
Con todo, non podemos ignorar os problemas estruturais da nosa economía, tanto en Galicia como no conxunto do Estado. Precisamos reformas urxentes. No ámbito público: un novo financiamento autonómico e local, unha reforma fiscal en profundidade, melloras no sistema de pensións e maior eficiencia no gasto público. No eido privado, as prioridades son claras: combater o déficit de produtividade, fomentar un maior tamaño empresarial e investir moito máis en I+D+i e intanxibles. Só no ámbito laboral avanzamos substancialmente no que atinxe aos movementos reformistas. Os efectos positivos están aí: creación de emprego notable, normalización da taxa de temporalidade e melloras salariais especialmente para os traballadores de salarios máis baixos.
Máis aló das incertezas internacionais —agravadas pola volta de Trump— a nosa principal debilidade é política. A fragmentación e a polarización están a paralizar decisións imprescindibles en España. Non teño a solución, pero sen acordos e estabilidade, non podermos resolver os problemas económicos estruturais, perdendo a oportunidade que ofrece unha conxuntura sorprendentemente boa.
- Rey: «Igual que no hay una carnicería en el cuarto izquierda, no puede haber un piso turístico»
- Una periodista valenciana se rinde ante esta cualidad de los coruñeses: 'La gente de A Coruña es la que mejor...
- Kiko Matamoros se moja y cuenta el verdadero motivo por el que Sara Carbonero rompió con Iker Casillas
- El Estado tramita un cambio en la AC-12 para permitir edificar mil pisos en Monte das Moas
- Uno de los futbolistas españoles del momento desvela su sentimiento por el Deportivo: 'En casa había un amor total
- Recta final en la renovación de Ximo Navarro con el Deportivo
- Así era la 'pequeña Ibiza coruñesa': una discoteca que revolucionó las noches de A Coruña en los 90
- O Puntal de A Coruña: un cocido con vistas al mar