Opinión | Olladas ao País
Pola xestión galega dos nosos aeroportos
A Constitución outórgalle ao Estado a competencia sobre os aeroportos de interese xeral e ao Poder Galego a competencia sobre os demais aeroportos. Mais como as regras de xogo do partido na distribución de poderes deste sistema xurídico-político foron feitas para que gañe sempre o da casa a cualificación de aeroportos de interese xeral reserva para a competencia do Estado os únicos aeroportos galegos con voos comerciais: Alvedro-Culleredo na Coruña, Peinador-Mos en Vigo e o Rosalía de Castro de Compostela.
Os aeroportos, como tamén os portos, constitúen pezas fundamentais na andamiaxe do que tiña que ser o perímetro do noso autogoberno para deseñarmos unha ferramenta útil para xerar crecemento económico e benestar social. A xestión estatal prexudica obxectivamente as nosas posibilidades de desenvolvemento, porque o Estado xestiona estas infraestruturas sen pensar nos intereses xerais de Galicia.
No caso dos aeroportos a competencia do Sa Carneiro do Porto é esmagadora fronte a tres infraestruturas que enfrontan a súa oferta totalmente descoordinadas pola inacción dos Gobernos galegos do PPdeG dende a chegada á Xunta de Núñez Feijóo, vai facer dezaseis anos (2009). Inacción que contrasta coa idea de país e a actividade desenvolvida nese eido pola Admnistración Turística galega, dirixida pola equipa nacionalista do conselleiro Fernando Blanco e do entón director xeral, o profesor da USC Rubén C. Lois, entre 2005 e 2009.
Tres aeroportos penalizados por unha política desaquelada de tarifas desenvolvida pola administración aeronáutica estatal (AENA), que atende só a potenciar o hub de Madrid-Barajas, onde Felipe González e Aznar soterraron seis mil millóns de euros (un billón, con «b» de burro, das vellas pesetas). Velaí a compañía irlandesa Ryanair que vén de renunciar a determinadas frecuencias de voos en Compostela e Vigo, denunciando sufrir unhas tarifas fóra de mercado e propoñendo como solución a transferencia ou delegación dos aeroportos galegos á Xunta de Galicia.
Nestes anos de inacción do Goberno galego, porén, a Unión Europea ten desenvolvido un mercado aeroportuario único europeo. Quere isto dicir que o Estado xa é pequeno de máis para a regulación deste mercado de, en xeral, do tránsito e do transporte aéreos, así como para o control do espazo aéreo. En troques, é grande de máis para a xestión (restauración, oferta comercial e toda caste de servizos de asistencia en terra, como o handling ou a seguranza...) e coordinación entre si das instalacións aeroportuarias. De feito a xurisprudencia do Tribunal Constitucional só considera afecta á reserva estatal precisamente os servizos de control do tránsito e ordenamento e regulación do tráfico aéreo e do mercado do transporte aéreo que xa pertencen á competencia da UE.
Urxe entón que a Xunta enfronte co Estado a transferencia das funcións de AENA non afectas ao control e regulamento do tránsito e do espazo aéreos. Urxe tamén un pacto de país que sente os alicerces para unha administración consorciada, canda os concellos atinxidos, dos aeroportos galegos que non repenique o modelo ineficiente e centralizado de AENA.
Suscríbete para seguir leyendo
- La coruñesa Rosa rompe su silencio y denuncia lo que está pasando en 'Pasapalabra': 'No eres consciente
- Este es el nuevo reto televisivo del gallego Fer Castro tras arrasar en 'Pasapalabra' y en 'Cifras y Letras
- El chubasquero de Lidl para los días de lluvia y frío que está arrasando en ventas y está rebajado a 12 euros
- Una influencer viguesa visita A Coruña para probar 'la mejor tortilla de España': 'Es perfecta
- Cuándo, dónde y a qué precio comer las laconadas de las Lacónicas de A Coruña
- Víctor García: «¿Denuncia? Se ensució con los comunicados, tendrían que haberlo hecho de forma privada»
- La ampliación del hospital de A Coruña derriba la escuela infantil Golfiño: «Me da mucha pena»
- La bandera de Sada llega a la Antártida