Opinión
Sobre o absentismo laboral
O absentismo laboral é un concepto que adoita xerar debates intensos, en boa medida por culpa da linguaxe; porque o termo engloba toda ausencia dunha persoa traballadora do seu posto de traballo durante a xornada laboral, independentemente de que estea xustificada ou non. Esta amplitude conceptual combinada coa connotación negativa do vocábulo, dificulta unha análise matizada e construtiva sobre a cuestión.
A realidade é que a meirande parte desas ausencias responden ao exercicio lexítimo de dereitos laborais colectivamente consensuados. Baixas por enfermidade, accidentes, permisos retribuídos, licenzas por nacemento ou coidado de menores, entre outros, constitúen formas de absentismo que a sociedade considera necesarias e positivas. Pola contra, o absentismo inxustificado —como as ausencias sen previo aviso nin causa xustificada— xera unha percepción na cidadanía moi distinta. O mesmo ocorre cando as baixas se prolongan en exceso, debido a posibles abusos que escapan dos controis ou a retrasos en diagnoses acaídos e tratamentos médicos eficaces para que as persoas recuperen a súa saúde.
Xa que logo, a aspiración colectiva non pode nin debe ser a eliminación do absentismo en xeral, senón a erradicación do absentismo inxustificado e a redución do xustificado, na medida en que se poida actuar construtivamente sobre as súas causas; en que poidamos acelerar as curacións dos traballadores.
Segundo o informe máis recente de Randstad Research, baseado na Enquisa Trimestral de Custes Laborais do INE, o 80% do absentismo en España e Galicia débese a incapacidades temporais (IT), mentres que o 20% restante inclúe outras ausencias, xustificadas e non xustificadas. Ademais, as cifras revelan un incremento notable do absentismo nos últimos cinco anos, ata chegar a máximos históricos. No terceiro trimestre de 2024, en España perdeuse o 6,3% das horas pactadas por absentismo; en Galicia, o 7,6%. Só Canarias aparece por diante.
Dado que o marco institucional e os dereitos laborais en Galicia son esencialmente os mesmos que no resto do Estado, a parte do león das diferenzas coa media non pode explicarse por factores legais, como si ocorrería se comparásemos os datos de España cos de Marrocos ou Suecia. Por iso, ten sentido analizar os elementos que fan que Galicia presente unha taxa superior e determinar ata que punto son modificables para reducir o absentismo. Facelo irá no ben de case todos.
- Infarto en casa estando solo: cómo actuar de inmediato para salvar tu vida
- Nuevo varapalo para los propietarios: los inquilino podrán extender su contrato aunque el casero no quiera
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene las viviendas más baratas de la provincia
- El TSXG da la razón a Oleiros en expropiar y demoler un edificio
- La intranquilidad de las placeras del mercado de San Agustín en A Coruña: «Llevo 15 días que no pego ojo»
- El pediatra Carlos González explica cómo conseguir que los hijos estudien: 'Matamos su deseo de estudiar
- Olalla Otero, pediatra de la Maternidad HM Belén de A Coruña: «Para lograr una lactancia de éxito es clave no separar a la mamá del bebé»
- The Telegraph' apunta a que el apagón de España se debió a un 'experimento del Gobierno' con las renovables