Opinión
Suliñado con lapis
En maio de 2014 Gabriel Zaid publicou na revista Letras Libres, da que é colaborador habitual, un artigo titulado «Desarrollo de la cultura libre (1500-1900)» unha curiosa cronoloxía do progreso humano tomando como referencia libros, cadros, a formulación de determinadas teorías, un instrumento musical, ou o descubrimento de determinadas bacterias. Comeza a relación coa obra Elogio de la Locura de Erasmo (1511) e remata coa invención do «clip» por parte de Vaaler (1900). Polo medio, concretamente en 1550 sinala como motivo de progreso as «comiñas para citar», un invento asociado á imprenta do gran editor Aldo Manuzio. Tanto este invento asociado ao mundo do libro como, engadimos pola nosa parte, o do «suliñado» da escrita son marcas inequívocas de progreso ao partir Zaid do convencemento de que a liberdade da humanidade comeza cando ser cidadán e lector converxen na imprenta e cando a páxina toma o lugar do púlpito en coincidencia, por certo, con Ánxel Casal e Luís Seoane. O afán de perfección lingüística non soamente satisface unha necesidade estética e comunicativa, é tamén a garantía da responsabilidade ética e moral da sociedade. Pensamos que esta premisa é o argumento que o autor mexicano está a desenvolver intelixentemente en toda a súa obra.
O «suliñado» permanece para nós asociado ao uso do lapis (grafito enfundado nunha envoltura de madeira) que data do século XVI (1565) debido ao alemán Conrad Von Gesner e ao azar. A asociación persoal «suliñado-lapis» ten que ver con certas lembranzas infantís marcadas polo paso da prohibición de anotar nos libros primeiros da escola a dar cun profesor poucos anos máis tarde que nos daba clase de como suliñar sempre con lapis! O argumento máis contundente para relacionar o suliñado de textos co progreso non está tanto na recomendación feita por Erasmo como en que resaltar ideas e conceptos con esta metodoloxía silenciosa, íntima e familiar responde a un chamamento á reflexión. Da maneira como se formula e se recomenda ao longo do século XVI o «suliñado» é algo totalmente novidoso: o chamamento á reflexión é a través da linguaxe, o camiño que nos pode dar resposta a numerosas interrogantes. Pero aínda hai outra novidade na recomendación, é un traballo que fai o home que investiga sobre a súa propia natureza á marxe das respostas que nos proporcionan as relixións e as verdades oficiais. Non hai moito tempo lin, adquirido de segunda man, o libro de Peter Brown, Agustín e perturboume a profusión de suliñados do anterior propietario que me dificultaron a lectura como se se tratase dunha voz allea. Analizados posteriormente nunha segunda lectura proporcionáronme datos particulares sobre o anónimo lector que suliñou en cor vermella a primeira parte do libro, deixando intonsa a segunda.
Un dos atrancos maiores que se interpuxo no camiño liberador que nos proporciona a linguaxe foi a profesionalización da reflexión reclamada polos lingüistas e que non é máis que encriptar e illar o que nos pertence a todos. Supón unha grave irresponsabilidade colectiva deixar a lingua en exclusiva nas mans dos lingüistas ou a historia nas mans dos historiadores.
Por esta razón é tan importante, para adentrarnos no pensamento humanístico e liberador, profundar no coñecemento e uso de certos signos propostos para axustar pensamento e vida. Cómpre que «comas», «acentos», «comiñas», «punto e coma», «suliñados», «itálicas» e «negriñas» entren nas nosas pautas de vida, necesitada de pausas para guiarse pola reflexión e polo pensamento. Romperon os hoxe denominados «signos ortográficos» un discurso que era partitura de difícil interpretación, unha monotonía ao servizo duns poucos, para democratizar a lectura. Sería un capítulo importante estudar a viaxe destes signos liberadores convertidos por obra e gracia dos nosos «grammarnazis» nun corsé á medida de intereses alleos.
Calquera que lea o conto maxistral de Rodolfo Wash, asasinado pola ditadura de Videla en 1976, titulado «Nota al pie», que relata a historia dun tradutor que acaba suicidándose comprenderá a íntima relación entre a vida e as páxinas dun libro. Establecer unha relación íntima e afectiva coa nosa lingua é a mellor aprendizaxe para camiñar pola vida respectando aos demais.
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene las viviendas más baratas de la provincia
- El psiquiatra Enrique Rojas, experto en salud mental, sentencia a los infieles: 'El mejor amor se pierde si no se trabaja...
- En esta casa-restaurante a 20 minutos de A Coruña cocinan 'a la leña': tortillas espectaculares y precios populares
- El arquitecto técnico de Oleiros, en el juicio por el derribo de Casa Carnicero: 'Era imposible apuntalar, los muros se deshacían, había un riesgo elevadísimo
- Qué hacer si sufres un infarto estando solo en casa: pasos clave para actuar a tiempo y salvar la vida
- Polémica en el mercado de San Agustín: las placeras exigen al Concello que frene el concurso para 23 puestos
- Ryanair anuncia que no aceptará tarjetas de embarque en el móvil en estos tres aeropuertos
- Inditex inicia la cuenta atrás para abrir su centro logístico más moderno y sostenible