Opinión
Sobre a nova Fundación Galtia
A creación da Fundación Galtia por parte da Xunta, baixo o impulso do conselleiro Román Rodríguez, é unha magnífica nova que nos aliña con comunidades como Euskadi ou Cataluña, pioneiras en entender que o talento científico non é un luxo, senón un eixo estratéxico con rendibilidade social e económica. A iniciativa, que busca atraer investigadores de alto nivel, recolle unha necesidade histórica do noso sistema: competir en igualdade por perfís que potencien a I+D galega.
Tras o sincero aplauso ao conselleiro, algunhas ideas por se poden servir na actual fase de montaxe. A primeira inspírase no que observamos no mercado do fútbol. Hai que ser ambiciosos, mais tamén realistas, e axustar orzamento e atractivo ás posibilidades do mercado. Non é posible que o Celta acceda a Mbappé aínda que estivese disposto a pagar o mesmo diñeiro que o Real Madrid. Porque o Celta non está na Champions League, polo que leva de seu estar no Real Madrid en termos de valor de mercado e proxección dos xogadores... E non sería o máis razoable: coa metade do diñeiro poderíase fichar a xogadores excelentes e a estrelas prometedoras para reforzar moito todas as liñas de xogo.
O segundo punto ten que ver coa identidade. A diáspora universitaria galega inclúe nomes destacados en centros españois, europeos e americanos. Hai que focalizarse na identificación e negociación con eses talentos de orixe galega, porque van ver a oportunidade de volver a Galicia doutro xeito: na ecuación da fichaxe vamos ter vantaxe.
Finalmente, evitar a trampa de limitase ás ciencias duras. Galicia precisa tamén fortificar as ciencias sociais, onde existe unha marxe de mellora importante. A diversidade fortalece os ecosistemas de coñecemento.
A Fundación é un paso firme. O seu éxito medirase pola capacidade de adaptarse ás regras non escritas do mercado global de talento. Sen ilusións na guerra de cifras, pero con orgullo no que singulariza Galicia.
Suscríbete para seguir leyendo
- El día después del eclipse en A Coruña: 83.712 coches, más usuarios de bus y 218 toneladas de basura
- La Batalla Naval volverá a iluminar la noche de A Coruña con 20 minutos de fuegos artificiales: fecha, horario, lugares y cortes de tráfico
- Aterriza a una hora de A Coruña una de las mayores verbenas del verano: Panorama, El Combo, Los Satélites y París de Noia juntas desde este viernes
- Los dorsales de Bil y Gijselhart, atajos para inscribir a todos los jugadores de un Deportivo que ya suma a Angeliño
- Así es el pueblo de A Coruña elegido como el más bonito de España por la revista 'Viajar': con casas de colores, flores y balcones frente al agua
- Qué hacer hoy en A Coruña en las Fiestas de María Pita: conciertos, planes y horarios de este jueves 13 de agosto
- A Coruña, ciudad del capital: los vecinos ganan de media 3.100 euros al año de rentas y beneficios empresariales
- 76 segundos de oscuridad que hicieron historia en A Coruña: un eclipse inolvidable
