Opinión | Tribuna
Paulo Sexto
O movemento veciñal
As transformacións sociais e económicas que os nosos barrios e cidades viviron nos últimos anos revolucionaron totalmente a nosa contorna. Volver falar o mesmo «idioma» que falan os nosos veciños e veciñas é a día de hoxe clave para afrontar con éxito os retos que o movemento veciñal ten por diante se quere volver ser un movemento influente, como o foi en décadas pasadas.
O primeiro reto é renovar as súas organizacións e ser capaz de adaptarse ás novas realidades. Organizativamente, o movemento veciñal tradicional ten que entender que os nosos barrios e cidades son moito máis plurais, transversais e menos cohesionadas que os que coñeceu o asociacionismo nos seus anos gloriosos. Entender que «xa non somos o embigo do mundo», que xa «todo non ten que pasar por nós» ou que «hai máis vida social que a asociación veciñal» é o primeiro paso para poder superar unha crise do movemento asociativo veciñal, que converteu en auténticos baldíos lugares que outrora eran fortes núcleos de activismo.
O segundo reto é acertar cos proxectos veciñais a desenvolver no teu ámbito de actuación. Nun barrio de nova construción, con poboación nova, sen apenas servizos públicos e con amplas deficiencias, a folla de roteiro é bastante sinxela, nada como o manual de instrucións do asociacionismo de primeira e segunda xeración: asemblea veciñal, pancarta, mobilización e activismo. O reto aparece en barrios ou cidades onde esa fase xa está máis que superada e aparecen os problemas veciñais de «terceira xeración». O urbanismo, o desenvolvemento sostible, a participación, a loita ambiental, a mobilidade, a cultura, o lecer, o uso/ocupación do espazo público ou a visión integral feminista de todos estes temas, aparecen como eixos fundamentais do proxecto veciñal que moitos actores do propio movemento non souberon ou non quixeron entender.
O terceiro dos retos é saber responder ás necesidades, a ser versátiles e adaptativos á contorna. Pero non só quedar como primeira liña de resistencia e resposta ante desafiuzamentos, racismo, xenofobia, machismo, lgtbifobia, exclusión social ou outras formas de violencia estrutural contra as nosas veciñas e veciños. Ser capaces de ver máis aló, de prever os conflitos e as situacións futuras, de marcar a axenda social e política dos nosos barrios e cidades.
Despois dunha profunda reflexión, dende a nosa entidade veciñal estamos a facer una profunda transformación da nosa asociación ca renovación da xunta directiva e a modificación dos estatutos para cambiar a nosa forma de traballar ca veciñanza, adaptándose aos novos tempos que nos tocou vivir.
Suscríbete para seguir leyendo
- Así es la residencia del Deportivo: la casa que mima a las joyas blanquiazules
- Mollejo: «El Dépor debe asentar las bases para pelear por volver a Primera a partir del año que viene»
- Un legado para Sergio
- Vivenda avanza en su proyecto de pisos sociales en suelo que cederá el Concello de A Coruña
- Se buscan figurantes en Galicia para la segunda temporada de Clanes: esto es todo lo que necesitas saber si quieres participar
- Los conductores de bus denuncian que pierden «tres minutos» para girar ante la estación de tren de A Coruña
- Dos bocatas de A Coruña aspiran a convertirse en el Mejor Bocata de España
- Dos fallecidos y varios heridos, tres muy graves, en un accidente de tráfico en el paseo marítimo de Fuengirola