Opinión
Por que Antía e Roi deberían poder votar ós 16 ou 17 anos?
Antía e Roi van o instituto, teñen dezasete e dezaseis anos respectivamente. Aínda non saben moi ben que lles gustaría facer no futuro, que estudiar ou a que dedicarse. Senten que a sociedade, o sistema educativo e a familia son os seus piares e tamén os seus límites e tutelas. Viven nun mundo onde a incerteza, a sobreprotección e as redes sociais marcan o presente e ensombrecen o futuro. Durante a pandemia da covid-19 tiñan dez e once anos, entraron na preadolescencia da man da primeira das grandes distopías do século XXI. Creceron marcados pola denominada sociedade do risco apuntada por Ulrich Beck . Antía e Roi están integrados nun sistema educativo que, en aras da protección e a seguridade, os tutela mediante normativas que limitan a súa autonomía como se foran menores de primaria, por exemplo, a través do control de saída dos centros. Son medidas incoherentes, que rechían se temos en conta que eses mesmos adolescentes xa saen de ocio e de lecer pola súa conta libremente.
Á cuestión da sobreprotección debemos engadir outro elemento como é a influencia constante das redes sociais no seu día a día, asunto que, sen dúbida, está afectando á visión do mundo dos adolescentes debido ós perigos asociados á manipulación, ó aillamento, ó control e o abuso das mesmas.
Neste contexto, que sentido ten preguntarnos polo dereito ó voto dos mozos e mozas de 16 e 17 anos? Por que deberían poder votar Antía e Roi? Por que paga a pena preguntarnos pola súa voz e as súas inquedanzas de futuro?
A democracia implica, entre outros valores sinalados por Iris Young ou Robert Dahl, inclusión política, participación efectiva, acceso á fontes plurais e alternativas de información, igualdade e debate público. A democracia precisa de cidadanía crítica e autónoma que se sinta parte da toma de decisións. Permitir o voto antes dos 18 anos está deixando de ser unha rareza, en países como Alemaña, Bélxica, Grecia, Malta, Brasil ou Arxentina xa é unha realidade. Se queremos contar coa voz dos adolescentes precisamos implicalos, reverter a sobreprotección e dotalos de ferramentas de coñecemento que lles permitan ter opinión informada e expresarse sobre os asuntos públicos. Resulta incongruente que un mozo ou unha moza poida traballar ou decidir sobre un tratamento médico ós 16 anos e, en cambio, non poida votar.
O dereito ó voto ós 16 e 17 anos debería ir acompañado dun compromiso firme coa procura de información de calidade e coa participación dos adolescentes na definición dos desafíos do planeta como a crise climática ou os problemas que afectan ás sociedades contemporáneas. Probablemente, os intereses acerca das políticas medioambientais, de transición enerxética, de mobilidade ou sobre as condicións de traballo do futuro son distintos entre as xeracións mais novas e as xeracións mais maiores, as das persoas xa xubiladas. Neste sentido, é posible que haxa diferencias xeracionais notables en relación ós recursos económicos que comprometer en cada unha das políticas públicas.
Polo tanto, compre considerar a ampliación de dereitos, como o dereito ó voto ós 16 ou 17 anos, non como un acto irresponsable ou condescendente da sociedade adulta, senón como unha oportunidade de inclusión e profundización democrática, nuns tempos precisamente de gran perda de calidade democrática.
No plano político xorden preocupacións e cálculos relacionados coas análises demoscópicas alegándose que boa parte da xente moza, especialmente mozos, se inclinarían por posicións de extrema dereita. Argumentos deste tipo xa foron empregados no seu día para opoñerse ó dereito ó voto das mulleres en España fronte a posición valente de Clara Campoamor.
Recentes estudos publicados sobre as actitudes políticas dos adolescentes como o do Instituto de Ciencias Políticas e Sociais (ICPS) sinalan que os mozos e mozas mais novos teñen unha visión política mais práctica e menos dogmática, e que participan se se senten chamados e lles interesa. E iso é precisamente o desafío: entender a necesidade da inclusión da perspectiva dos adolescentes e apostar por unhas políticas útiles.
Antía e Roi miran ó futuro con incerteza pero tamén con esperanza, deberían poder sentirse parte das decisións colectivas que constrúen as democracias, deberían poder votar, se o desexan, e os adultos deberíamos querer escoitalos sen prexuizos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene las viviendas más baratas de la provincia
- El arquitecto técnico de Oleiros, en el juicio por el derribo de Casa Carnicero: 'Era imposible apuntalar, los muros se deshacían, había un riesgo elevadísimo
- Inditex inicia la cuenta atrás para abrir su centro logístico más moderno y sostenible
- Ryanair anuncia que no aceptará tarjetas de embarque en el móvil en estos tres aeropuertos
- El psiquiatra Enrique Rojas, experto en salud mental, sentencia a los infieles: 'El mejor amor se pierde si no se trabaja...
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Yeremay no se mueve hasta el final de liga
- La fruta ideal para mayores de 50 años que mejora la memoria y controla el colesterol