Opinión
‘De re lexicographica’ (VIII): ‘A vontade de estilo na fala popular’
As grandes linguas, máis alá do número de falantes que conciten, merecen grandes dicionarios e sería desexable que unha gran literatura como a galega contase con obras deste xénero. Non tivemos a fortuna en Galicia de contar cun Joan Coromines, ese filólogo catalán, exiliado moitos anos, que nos legou dúas obras memorables (Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico, Madrid, Gredos, 1980-1991, 6 vols. e o Diccionari etimològic i complementari de la llengua catalana, Barcelona, Curial-“La Caixa”, 1980-2001, 10 vols.), orgullo e dignidade para castelán e catalán. Mágoa que o gran galego, pai da filoloxía románica, o gran Sarmiento e o seu máximo estudoso e continuador, o profesor Pensado, non tivesen continuidade no campo da lexicoloxía. Non podemos esquecer que fronte doutros xéneros, denominados creativos, que teñen moito de afirmación persoal, os dicionarios son consecuencia da abnegación persoal. E probablemente sexa este camiño de sacrificio e de abnegación o que puxo na mesma senda lexicográfica a Sarmiento, Pensado e Coromines que incorporou aos dous galegos ao seu dicionario hispánico e con eles, a Castelao, Rosalía e outros autores. Fronte do ruído mediático de congresos e traballos institucionais será esta silenciosa obra, presente en todas as bibliotecas e mesas de traballo rigoroso, a que certifique entre os romanistas do mundo a presenza dun idioma que se chama galego. Como consecuencia da elección de camiños primaverais (canto dano nos ten feito a cita desiderativa de Cunqueiro!) os dicionarios están feitos ao vapor sen que nadie teña tempo de lelos enteiramente para ver de notar os baleiros producidos pola improvisación e pola audacia amparada na colectividade, que desemboca normalmente na frivolidade coa que se acollen certas entradas. Ben é verdade que unha parte moi importante da responsabilidade dun bo dicionario recae nos falantes e usuarios que nos achegamos a el con ánimo exclusivamente de obedecelo cando deberiamos criticalo e xuzgalo porque non é a autoridade posible a que dá o bo dicir senón o bo dicir, a xuízo de falantes, escritores e lectores, o que dá autoridade. Esta disposición crítica do usuario, propoñendo alternativas e rebelándose contra determinadas arbitrariedades contribúe a ampliar os límites do que se pode dicir. Temos que partir da base de que o denominado «estándar» dunha lingua, as linguas francas ou linguas xerais son construtos ideais dos usos comúns a numerosos estamentos e en xeral proceden sempre dos estamentos superiores e exclúen sistematicamente as formas de falar pouco extendidas e esta práctica excluínte acaba véndose como unha distinción social. A lingua dos estamentos superiores é a que se considera correcta, a lingua xeral, a lingua estándar. Non obstante, na vida cotiá todas as falas son locais e por este motivo ten unha importancia decisiva a incorporación de vocablos da fala que case sempre matizan e amplían usos do estándar, que os ignora.
Esta situación, a marxinación da fala popular, é moi notoria nos dicionarios galegos e foi xa criticado por numerosos estudosos tanto desde dentro como desde fóra dos círculos académicos e universitarios. Rafael Dieste, concretamente, no seu discurso de recepción como numerario na RAG (A vontade de estilo na fala popular, 1971) apuntaba que unha academia viva anda polos camiños entre o monte e o mar porque o sentido estético da lingua é anterior ás gramáticas e academias. O sentido estético, conclúe o rianxeiro, está na arquitectura mesma da lingua usada polo pobo.
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene las viviendas más baratas de la provincia
- El arquitecto técnico de Oleiros, en el juicio por el derribo de Casa Carnicero: 'Era imposible apuntalar, los muros se deshacían, había un riesgo elevadísimo
- Inditex inicia la cuenta atrás para abrir su centro logístico más moderno y sostenible
- Ryanair anuncia que no aceptará tarjetas de embarque en el móvil en estos tres aeropuertos
- El psiquiatra Enrique Rojas, experto en salud mental, sentencia a los infieles: 'El mejor amor se pierde si no se trabaja...
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Yeremay no se mueve hasta el final de liga
- La fruta ideal para mayores de 50 años que mejora la memoria y controla el colesterol