Opinión | Res Pública
Intelixencia artificial, saúde e economía
A intelixencia artificial (IA) está a revolucionar o eido da saúde. Este é o punto de partida do documento do Foro Económico de Galicia coordinado por Senén Barro e Luis Otero, feito público esta semana e que está dispoñible na páxina web da institución. O texto sintetiza as análises e recomendacións expostas nunha xornada que reuniu a expertos dos eidos académico, sanitario e empresarial para analizar o impacto, os retos e as oportunidades da IA na saúde galega.
A IA está xa a mellorar procesos clave, dende a diagnose médica máis precisa ata a xestión eficiente de recursos sanitarios. Falamos, por exemplo, da detección de enfermidades a través de imaxes médicas ou o uso de algoritmos en programas de cribado. Galicia conta cun ecosistema investigador sólido e proxectos senlleiros como Xenoma Galicia, que recompilará datos xenéticos de milleiros de cidadáns; ou Innovatrial, que emprega IA para optimizar ensaios clínicos.
Porén, existen desafíos importantes e feblezas a corrixir: a fenda entre a investigación e a práctica clínica, a necesidade de formación específica en IA para profesionais sanitarios, a protección e gobernanza dos datos e a adaptación das normativas europeas, ou os problemas de captación de talento polas empresas galegas, sexan estas startups ou multinacionais.
O texto conclúe que Galicia ten potencial para liderar a innovación en saúde dixital, sempre que se aposte pola formación multidisciplinar, a colaboración entre sectores, o investimento en infraestruturas e a creación dun marco legal robusto que garanta seguridade e confianza. Mesturar cooperación ente os diversos actores e o aliñamento do investimento público e o privado é a receita.
E na semana que vén, seguiremos falando de IA. Dentro do programa de actividades da Facultade de Económicas da USC, Santiago Carbó tratará o xoves que vén ás 10 h a interrelación entre economía, tecnoloxía e intelixencia artificial. Aínda que pensada fundamentalmente para complementar a formación dos nosos estudantes, será aberta ao público ata encher o aforo. Un dos economistas españois máis interesantes nestes momentos. Un luxo telo con nós.
Suscríbete para seguir leyendo
- Venden una finca de 1.500m² con casa a reformar y en zona costera por menos de 50.000 euros: a 1 hora de A Coruña
- La mitad de los españoles tiene déficit de vitamina D: síntomas y qué comer para evitarlo
- Víctor Elías se abre en canal y explica por qué decidió denunciar a su madre: 'No aguantaba más
- Rescatado el cuerpo de una mujer en el puerto de Sada
- Estrella Galicia estrena en Arteixo el bastión de su expansión nacional e internacional
- El Deportivo quiere recuperar a Jairo Noriega
- Manu Ferreiro y el Deportivo, en sintonía para renovar su contrato
- El restaurante estaba cerrado por descanso y le dejaron una de las notas más desconsideradas jamás vistas