Opinión | Res pública
Sobre taxas turísticas e pisos baleiros
Defendo o uso da chamada taxa turística. Fundamentalmente, porque o sistema fiscal local non está preparado para cobrarlle aos turistas polos servizos públicos que usan. Antes da súa supresión parcial, o Imposto sobre Actividades Económicas podía xogar parcialmente este rol; agora, non. Os ingresos dos concellos os soportan os residentes propietarios de inmobles e vehículos; e é o número de empadroados o que determina o reparto das transferencias dos niveis de goberno superiores. A taxas polo consumo en terrazas é una figura marxinal.
Dúas ideas máis sobre as taxas turísticas. A primeira é que é absurdo esa idea de que a recadación debe ir favorecer ao sector turístico. A recadación debe ir financiar os servizos públicos que son máis exixidos polo turismo: policía e seguridade, limpeza e recollida de lixo, aparcamentos… A segunda é que para que unha taxa turística desincentive o turismo ten que ser moi elevada. Os 200 dólares diarios que o reino de Bután comezou a cobrar en 2022 si que xeraron impacto. Tanto que ao seguinte baixaron a 100. Cobrar un ou dous euros ao día hoxe en España vai ter un efecto agregado marxinal nos fluxos turísticos.
Pola contra, non concordo con quen avoga por facer que os pisos baleiros tributen máis. Fundamentalmente, porque xa o están facendo. Aínda que moitos contribuíntes non o saben, no IRPF pagamos polas segundas e sucesivas vivendas en propiedade que non estean alugadas. Por exemplo, unha segunda vivenda ou terceira vivenda cun valor catastral de 100.000 euros revisado no ano 2010 supón 2.000 euros más de base impoñible no IRPF. O que significa ter que pagar ata 900 euros ao ano polo piso; case o dobre do que pagará por IBI.
Ter unha vivenda baleira ou cun uso puntual hoxe en España costa bastantes cartos para a meirande parte dos propietarios. Outra cousa sería que falemos de ampliar esta imputación ao ámbito do imposto de sociedades, para evitar a utilización de sociedades como mera tenedora de inmobles de desfrute polos seus socios.
- La grave enfermedad que pasa desapercibida y crece cada vez más: 'Me decían que no tenía nada y llegué a pensar que era cáncer
- Reencuentro romántico en Pasapalabra: 'Fuimos novios
- Roberto Leal confirma la noticia sobre Manu y Rosa de Pasapalabra: 'Están felices
- Cristina Paz, la mejor nota de la PAU en A Coruña y tercera en Galicia: 'Fui muy nerviosa pero salió muy bien
- Este restaurante de carretera se está popularizando en la provincia de A Coruña por su churrasco a la brasa
- Norma Duval visita A Coruña acompañada de su anfitrión David Perdomo
- Amaia y Diego, el brillo de un ángel y un indie loco en O Son do Camiño
- El Salvador de Madariaga es el centro con la mejor nota media: 7,487