Opinión
Día Mundial do Medio Ambiente: os retos ecolóxicos de Galicia
O 5 de xuño non é un día calquera no calendario, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, que en Galicia se presenta con claroscuros nos que a falta de garantías ambientais en proxectos industriais se sitúan á cabeza da problemática... xunto á calidade das augas e a parálise do modelo de xestión de residuos, que nos mantén á cola de España, dende fai lustros en materia de reciclaxe. O Día Mundial do Medio Ambiente 2025 ten como lema: Poñer fin á contaminación por plásticos, unha mensaxe que invita a abordar o problema dende a educación, unha análise crítica e a busca de solucións e alternativas sostibles.
A comunidade galega enfróntase a unha serie de retos ambientais que poñen en xaque o seu modelo de desenvolvemento. Mentres organismos internacionais chaman a frear a contaminación e protexer a biodiversidade, no territorio galego acumúlanse conflitos ambientais de gran calado que afectan tanto á súa paisaxe como ao seu modelo de desenvolvemento. Dende a polémica fábrica de celulosa de Altri en Palas de Rei ata os proxectos de hidróxeno sen unha estratexia definida, pasando polas eivas xa históricas como a depuración deficiente de augas, a expansión de monocultivos forestais e vitivinícolas en zonas agrarias, a deficiente xestión de residuos ou a inexistencia de programas de control de especies invasoras (coa conseguinte perda de biodiversidade). A comunidade vive unha crise ecolóxica considerable, que empeora como consecuencia de outros factores como o cambio climático ou malas prácticas como o greenwashing, por parte de moitas empresas. Máis aló das promesas de sustentabilidade, xorden dúbidas sobre o verdadeiro impacto destas iniciativas no territorio, a biodiversidade e a calidade de vida... e unha crecente onda de «negacionismo» empeora a situación.
Fronte a este panorama, unha parte considerable da sociedade galega está a reaccionar. Cada vez son máis frecuentes as mobilizacións cidadás (e estas son cada vez máis numerosas), os recursos xudiciais e os informes técnicos independentes, que cuestionan o relato oficial, suman milleiros de partidarios e ademais conseguen donantes que financian a defensa «do común» nos tribunais de xustiza, algo que ate agora só se podían permitir certas institucións e grandes corporacións. Tamén se multiplican as iniciativas de base, que buscan impulsar modelos alternativos de produción e desenvolvemento: dende cooperativas agrarias que apostan pola agro-ecoloxía ou a agricultura rexenerativa, ata o impulso de comunidades enerxéticas, que reivindican o autoconsumo renovable sen depender de macroproxectos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Cristina Paz, la tercera mejor nota de la PAU en Galicia: 'Fui muy nerviosa pero salió muy bien
- La confesión de Manu en Pasapalabra tras ganar: “Me habéis dado la mejor época de mi vida y no la olvidaré nunca”
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Yunio Barrueta: «Con la temporada que tuve, merezco tratar de mantenerme en la ACB»
- Estrella Galicia desafía el trono cervecero español con su nueva planta de Arteixo
- Notas PAU 2025 en A Coruña y toda Galicia: consulta las fechas de preinscripción y matrícula en las carreras de las universidades gallegas
- Sammy Pet Café: un local para todos los paladares y hocicos en A Coruña
- Las nuevas ayudas al transporte del Estado en A Coruña: rebaja a BiciCoruña y bus gratis hasta los 15