Opinión | Res Pública
A fusión BBVA-Sabadell en perspectiva galega
A posible fusión entre o BBVA e o Banco Sabadell abriu un intenso debate no sector financeiro español e, por extensión, en Galicia. Temos dúas visións contrapostas. Por unha banda, hai quen defende con entusiasmo a creación de bancos máis grandes. Argumentan que a escala é fundamental: entidades de maior tamaño poden aproveitar mellor as economías de escala, reducir custos operativos e, en teoría, ofrecer produtos máis competitivos aos clientes. Ademais, os grandes bancos transnacionais axudan na integración do mercado de capitais europeo, unha tarefa pendente. Porén, non faltan voces críticas que lembran os riscos da concentración empresarial neste sector tan transversal e relevante para os cidadáns e as empresas. A redución do número de entidades implica unha menor competencia e menores alternativas; e iso, como ben sabemos, adoita traducirse en perda de capacidade negociadora para os clientes, tanto particulares como empresas.
En Galicia, esta segunda perspectiva cobra especial relevancia. Hoxe contamos cun ecosistema financeiro no que, ademais dos grandes bancos españois como Santander, BBVA e Caixabank, temos ao noso banco. Abanca xoga un papel fundamental como entidade de referencia. Igual que ocorre na distribución minorista, é fantástico ter a Carrefour, Mercadona ou Día. Mais que non nos quiten a Gadisa, Froiz ou ao grupo Cuevas. Somos dos mellor servidos de España nun caso e noutro grazas ao tecido propio. Dito o anterior, o SabadellGallego é tamén moi importante en Galicia, especialmente para as empresas, que atopan nel outra alternativa real ás súas necesidades. A realidade é que, sen chegar ao nivel de Abanca, é un banco moi pegado ao territorio, grazas en boa medida ao intenso traballo de Pablo Junceda, cara visible da entidade desde hai lustros.
Por iso, desde Galicia, non vexo que esta fusión sexa moi positiva. E para España e Europa, semella que sería moito máis beneficioso que o BBVA apostase por expandirse fóra das nosas fronteiras, reforzando a súa presenza noutros países europeos e contribuíndo así á verdadeira integración do mercado financeiro continental.
- Notas PAU 2025 en A Coruña y toda Galicia: consulta las fechas de preinscripción y matrícula en las carreras de las universidades gallegas
- Estrella Galicia desafía el trono cervecero español con su nueva planta de Arteixo
- La plantilla de basuras de A Coruña exige una asamblea por la «falta de transparencia» de STL
- La confesión de Manu en Pasapalabra tras ganar: “Me habéis dado la mejor época de mi vida y no la olvidaré nunca”
- Cristina Paz, la tercera mejor nota de la PAU en Galicia: 'Fui muy nerviosa pero salió muy bien
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Yunio Barrueta: «Con la temporada que tuve, merezco tratar de mantenerme en la ACB»
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles