Opinión | Res pública
Riscos fiscais en aumento
Ainda que é doado deixarse levar pola urxencia do día a día, a política presupuestaria debe ir sempre coas luces longas postas. A realidade é teimuda: as tendencias de longo prazo, as novas demandas e a crecente frecuencia de eventos extremos condicionan as contas públicas e obrigan a repensar como xestionamos os recursos colectivos.
Canto as tendencias, salientan dúas. Por unha banda, o cambio climático, que xa empurra á alza o gasto público, ao obrigar a investir en prevención e adaptación, e tamén en repoñer o perdido. Por outra, o avellentamento da poboación, cuxos efectos coñecemos ben polo lado do gasto (máis pensións, máis sanidade), pero dos que sabemos menos no lado dos ingresos fiscais. Sen dúbida, outra megatendencia como é o desenvolvemento da intelixencia artificial podería xogar ao noso favor, ao reducir o custe dalgúns bens e servizos públicos. Facelo efectivamente dependerá de que se impoña unha maior proactividade no sector público.
Entre as novas demandas salienta o gasto en defensa. España, cun esforzo baixo neste eido en perspectiva comparada, terá que aumentar o investimento nos próximos anos para adaptarse ao novo contexto internacional, o que supón un reto adicional para o equilibrio das contas. Teño para min que sería moito mellor que a defensa fose un servizo centralizado para o conxunto da Unión Europea. Poderíamos facer moito máis gastando menos que se vamos por separado. Mais non hai que esquecer que o nivel de partida de España é moi baixo.
Os eventos extremos —asolagamentos, riadas, lumes...— son cada vez máis frecuentes e intensos. O recente informe da AIReF sobre riscos fiscais lembra que debemos reforzar os mecanismos de resposta, adaptando os fondos de continxencia ao valor esperado destes riscos, pero sen caer na tentación de sobredimensionar recursos que, na maioría dos anos, non serán necesarios. A creación da Reserva para Solidariedade e Axudas de Emerxencia (SEAR) foi un paso intelixente, mais probablemente insuficiente. Por iso, cómpre facer pedagoxía: un Estado cunha ratio de débeda do 60% ten moita máis capacidade de resposta ante unha crise que outro cun 100%. Aproveitar as épocas favorables para reducir a débeda non é só prudencia: é investir en capacidade de intervención futura.
- Javier Rey presume del pueblo coruñés en el que se crió: una villa medieval a orillas del mar
- Gonzalo Castro, sobre Riazor 2030: 'Un recinto tan importante tiene que aportar mucho más a la ciudad
- Auxiliadas dos personas que se encontraban indispuestas en el interior de un vehículo
- El ciclo de conciertos en A Coruña para disfrutar del atardecer con impresionantes vistas
- Monte Martelo, el barrio naciente en A Coruña
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene alquileres desde 400€
- A pleno la ordenanza definitiva de eficiencia energética de A Coruña para su entrada en vigor este mes
- Fallece la paciente de cáncer ultrarraro Iara Mantiñán: una entre un millón