Opinión | Olladas ao País
As dez de últimas de Pedro Sánchez
O impacto dos audios que implican directamente aos antigos secretarios de Organización do PSOE José Luis Abalos e Santos Cendán estragan de vez calquera desculpa ou pretensión de Pedro Sánchez de ficar á marxe. Fronte pegadas tan potentes de corrupción, tan potentes de suborno, o presidente do goberno do estado é responsábel, polo menos, pola culpa in eligendo (el dispuxo que foran elixidos secretarios de Organziación) e máis pola culpa in vigilando (se di non saber nada do que pasou é nidio que fallaron os controis todos).
Os pouco máis de dous anos de lexislatura poden ser terríbeis, pois que esta investigación do Tribunal Supremo vai ter bastantes desenvolvementos e ninguén sabe arestora até onde poden chegar no goberno e no PSOE. Aturar á fronte do goberno, soster esta lexislatura sen usar o botón da disolución pode ser unha tarefa imposíbel para Pedro Sánchez. Os socios da investidura comezan a percibilo. BNG e ERC pediron urxentemente a comparecencia en sede parlamentar de Sánchez (fixada xa para o mércores 18-X), mentres JuntsCat e PNV esixen explicacións adicionais ás xa dadas. Ninguén (e moito menos as forzas soberanistas galegas, vascas e catalás) atura partillar a menor asociación de ideas con semellantes formas de corrupción.
Porén, fica unha última xogada, que só pode executar alguén, como Sánchez, que sabe da gravidade da súa combustión e, xa que logo, sabe da súa caducidade e, porén, coñece a necesidade de frear unha eventual enxurrada autoritaria dun futuro goberno PP-Vox, repenicado por máis dunha ducia de gobernos territoriais e centos de gobernos locais análogos. Un xiro radical no xorne e nos obxectivos da súa gobernanza para pactar primeiro e executar despois unha axenda de ampla renovación democrática alicerzada na loita contra a corrupción, no afondamento das liberdades e no reseteo plurinacional do Estado (quizais na liña da proposta do lehendakari Urkullu en agosto de 2023). Tamén no cumprimento deses compromisos territoriais que o PSOE é tan rápido en asinalos e tan lento en cumprilos.
A Galicia nunca lle foi ben con maiorías absolutas estatais e a Galicia non lle interesa en absoluto un goberno PP-Vox alicerzado na ideoloxía supremacista e centralista de Díaz Ayuso e de Abascal. A febleza dun concepto uninacional, centralista e alicerzado no capitalismo do Bernabeu é para Galicia e para os intereses galegos unha oportunidade que cómpre aproveitar. Velaí a conveniencia de que o soberanismo galego do BNG tente evitar unha inmediata disolución anticipada, malia que tal cousa non pode constituír un cheque en branco, senón que ten que esixir a contrapartida deste reseteo radical, desta axenda de rexeneración democrática, loita contra a corrupción e afortalamento da plurinacionalidade do Estado. Tamén de lle dar pulo a unha xestión interna máis horizontal e participativa e menos ancorada en hiperliderados ás veces moi eficaces, mais outras moitas veces moi paralizantes.
Un Sánchez de retirada, ben apoiado en Rodríguez Zapatero e no sector máis progresista e republicano do PSOE, tería capacidade de convocar a un pacto arredor desta axenda aos partidos da investidura, evitando claramente os puntos en desacordo e pondo en valor esa axenda da rexeneración,do afondamento nas liberdades e na plurinacionalidade e na transformación da gobernanza e estruturas do propio PSOE. Mesmo pode gañar tempo para que xurdan novos liderados no partido da rosa.
Suscríbete para seguir leyendo
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada
- El Morriña Festival ya tiene horarios y anuncia un concierto gratuito para el sábado
- El dueño de La Intrusa anuncia el cierre del local y su candidatura a la Alcaldía de A Coruña
- De la barra del Chaflán a una lona en la plaza de Lugo para simbolizar la unión entre Estrella y el Dépor
- Lío en las fiestas de Mariñeiros
- Bil Nsongo se comprometerá por dos temporadas con opción a dos más
- Cuenta bancaria bloqueada por una firma a los casi 100 años de edad en A Coruña
- Nuevos alquileres en Xuxán: 36.000 euros y 700 al mes