Opinión
Monterroso
José Maria Monterroso Devesa é unha das figuras máis sobranceiras e queridas da cultura galega do último medio século. Ficou evidenciado na oportuna homenaxe que se lle tributou esta semana na súa cidade natal.
Instalado na Coruña como funcionario desde 1973 e ligado á A. C. O Facho e ao PSG, desprega desde entón un intenso labor como poeta, ensaísta e activista. Nos anos 80 e 90 aquela actividade multiplícase con moitas colaboracións no Anuario Brigantino, no Boletín do Centro de Estudios Melidenses, en Agália, nos Estudios mindonienses ou nos poetas Do amor e o desamor e cunha gavela de publicacións que con frecuencia xiran en torno a persoeiros da nosa cultura desde Murguía a Manuel María pasando por Ánxel Casal, Cabanillas, Castelao, Guerra da Cal, Ramón Suárez Picallo, Luís Seoane, Manuel Espiña ou Fernando Pereira. Hai un feixe de anos, en 1989, o Monterroso e eu mesmo fixémoslle a Marinhas del Valle unha longa entrevista, publicada outras dúas veces en 2009.
Monterroso é un erudito nos aspectos referidos á Coruña, á que dedicou pioneiras iniciativas de memoria histórica e publicacións como As rúas da Coruña, A A. C. O Facho ou O cemitério de Santo Amaro. O seu rico epistolario vencéllao con egrexias figuras da historia galega, desde Otero Pedrayo ou Teresa Castelao até Celso Emilio, Díaz Pardo ou Neira Vilas.
Culto, xeneroso, humilde e cordial, co corazón e a cabeza repartidos en dúas patrias, a galega e a uruguaia, Monterroso entregounos no que vai de século outros traballos que confirman o seu interese pola xenealoxía e a onomástica, as colaboracións coa A. C. Irmáns Suárez Picallo, a revista Areal e os seus cadernos, a revista Cornide, unha morea de obras sobre Ramón Villar Ponte, Carvalho Calero, Julio Casal, o Patronato da Cultura Galega de Montevideo ou os libros Los gallegos en el Cordón e As minhas teimas. As nossas teimas.
Galiza en xeral e A Coruña en particular terán sempre unha débeda con Monterroso.
- Javier Rey presume del pueblo coruñés en el que se crió: una villa medieval a orillas del mar
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Gonzalo Castro, sobre Riazor 2030: 'Un recinto tan importante tiene que aportar mucho más a la ciudad
- Los dueños de perros en A Coruña celebran las nuevas sanciones: 'La gente aprende por las malas
- Auxiliadas dos personas que se encontraban indispuestas en el interior de un vehículo
- El ciclo de conciertos en A Coruña para disfrutar del atardecer con impresionantes vistas
- Hidalgo abre la tierra de las oportunidades en el Deportivo
- Monte Martelo, el barrio naciente en A Coruña