Opinión
Paulo Sexto
O fascismo e o movemento veciñal
O fascismo non é só unha pantasma do pasado: segue presente en discursos de odio, movementos autoritarios e crises sociais. O fascismo é unha ameaza que non desaparece.
O fascismo non é só un réxime autoritario: é unha ideoloxía que busca destruír a democracia mediante a glorificación da violencia, o nacionalismo extremo, a supresión de disidencias e a creación dun «inimigo interno» (minorías étnicas, esquerdistas etc., etc.).
A súa lóxica é expansionista e excluínte, e adoita consolidarse explotando crises sociais, económicas ou culturais. Por iso, moitos argumentan que a súa dinámica intrínseca é violenta e non pode ser contida mediante diálogo ou reformas graduais.
Desde o movento veciñal non podemos quedar impasibles ante os discursos de odio nestes momentos, é a ocasión de adoptar medidas e debemos construír a alternativas. A mellor defensa é un mellor futuro.
O fascismo florece en crise. Combatelo non só implica resistir, senón tamén abordar as causas profundas que o alimentan: desigualdade, exclusión, falta de oportunidades...
Como facelo?
Fortalecer a democracia: protexer as institucións, promover a participación cidadá e garantir dereitos humanos.
Investir en educación: ensinar pensamento crítico e valores democráticos desde a infancia.
Crear redes de apoio: fomentar a solidariedade e a cohesión social para evitar que o medo e o odio impóñanse. E fortalecer o movemento veciñal
Paulo Sexto é presidente da Asociación de Veciños Oza-A Gaiteira-Os Castros
- La panadería de A Coruña que hace uno de los tres mejores panes de España: “Hacemos 200 kilos al día y necesitamos seis horas”
- Cierra una de las históricas gasolineras de la N-6 en Oleiros
- De iconos de la noche de A Coruña a locales vacíos: los pubs históricos que no se alquilan
- Cierre en varias instalaciones de Termaria en A Coruña por filtraciones de agua marina
- El Gobierno local de A Coruña da luz verde a las nuevas torres de 16 plantas y dos zócalos junto al Ágora con el voto del PP
- Seis condenados a cárcel y 940.000 euros en multas tras la caída de la red que distribuía droga en una floristería del Orzán de A Coruña: les pedían 'pimientos' y 'caramelitos
- El restaurante de A Coruña elegido para rodar la nueva temporada de ‘Clanes’ de Netflix: 'Buscaban un lugar que recordase a China
- Todo listo para O Burgo Fest, que se celebrará el sábado en el paseo