Opinión | O Grupo Naturalista Hábitat opina
Cosme Damián romay Cousido, en nome do G.N. Hábitat
Sobre o desastre de Ajka e a balsa de lodos tóxicos da Mariña

Efectos del vertido en Hungría, en 2010 / Sandor H. Szabo/AP
No mediodía do 4 de outubro de 2010 derrubouse a presa de lodos vermellos número 10 do complexo de alúmina de Ajka (oeste de Hungría), liberando case un millón de metros cúbicos de residuos líquidos altamente tóxicos. A onda de lodos vermellos avanzou rapidamente polo sistema fluvial Torna-Marcal, afluentes do Danubio, varrendo 40 quilómetros cadrados e as vilas de Kolontár e Devecser. O desastre segou a vida de dez habitantes da zona, ocasionando queimaduras e afeccións respiratorias a varios centos de persoas máis.
Cómpre subliñar que este tipo de accidentes en instalacións industriais relacionadas coa minaría véñense rexistrando desde hai décadas (máis de cen desde 1960), e que a raíz das roturas de balsas mineiras en Aznalcóllar (Andalucía) en 1999 e Baia Mare (Romanía) en 2000 aprobouse a Directiva europea sobre residuos mineiros (Directiva 2006/21/CE), que así e todo non impediu o desastre de Ajka hai xusto quince anos.
Existe unha balsa de lodos residuais en Xove similar á de Ajka, pero vinte veces maior. Está asociada ao complexo de alúmina de Alcoa, cuxa viabilidade condicionouse á ampliación da balsa ata os 33 millóns de metros cúbicos -converténdose así na maior do suroeste de Europa-. Este proxecto foi criticado polo movemento ecoloxista galego debido ao seu potencial impacto ambiental. Así e todo, hai xusto un ano, o proxecto de ampliación da balsa tivo a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) «favorable» por parte da administración galega, a pesar de recoñecer que os elementos depositados son «perigosos» (código 010310) e non «inertes» (código 010309). Segundo os colectivos ecoloxistas, o documento da DIA non toma en consideración, por exemplo, o risco sísmico á hora de avaliar a estabilidade desta estrutura de contención de lodos tóxicos. Tampouco resolve ben o sistema de seguridade en toda a área, coa nova consideración de residuos «perigosos», e abre a posibilidade da construción dunha segunda balsa se é necesario clausurar a actual.
As obras de ampliación iniciáronse en xaneiro, con denuncias públicas relativas á ausencia das autorizacións pertinentes. Tres meses despois deste evento, publicouse no Diario Oficial de Galicia a revisión do Plan de Emerxencia Exterior da balsa. Nela, considerábanse seis hipóteses de rotura da xigantesca presa, concluíndo que existe un risco «baixo» e que, en todos os escenarios de desastre ambiental, os danos e perdas serían de nivel «medio» no referente á saúde e á sociedade. Entre as medidas de protección inclúense avisos á poboación mediante mensaxes a teléfonos móbiles.
Conclusión: o G. N. Hábitat mostra a súa preocupación acerca das obras de ampliación da balsa de lodos tóxicos de Xove, que, idealmente, debería ser clausurada e selada permanentemente. Só así se podería evitar un desastre ecolóxico de proporcións aínda maiores que o de Ajka.
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- El superyate de 80 metros de eslora de un magnate estadounidense recala en el puerto de A Coruña
- 1-1 | Córdoba CF - RC Deportivo, en directo hoy: partido de la Liga Hypermotion en vivo | Gol en propia de Noubi
- Cancelado el concierto de Anuel AA este domingo en el Coliseum de A Coruña
- El portero uruguayo de Lugo que triunfó en Córdoba y ni debutó en el Deportivo tras un roce Arsenio-Jorge
- 0-5 | El Fabril sigue los pasos del Deportivo
- La apertura de la pasarela con acceso para coches sobre la intermodal de A Coruña está prevista para 2030
- Dos personas excarceladas tras un accidente nocturno en la tercera ronda en Culleredo