Opinión | Olladas ao país
xoán ántón pérez-lema
Pensións dignas para todas e todos os profesionais por conta propia
O proceso de integración voluntaria dos mutualistas alternativos (nomeadamente avogados e procuradores, mais tamén enxeñeiros e arquitectos) no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguranza Social (RETA) é un tema de grande relevancia para acadar un mínimo de xustiza material no recoñecemento de pensións dignas para esta caste de profesionais, que foron obrigados pola normativa entón vixente a se inserir no sistema prestacional das Mutualidades alternativas.
Lembremos moi brevemente o que daquela escribimos. Até primeiros de 1996 a avogacía por conta propia tiña de se inserir, si ou si, na Mutualidade alternativa e non podía ir ao RETA. Despois e até 2005 a escoller era incompatíbel entre ambos os dous sistemas. O que transitaba ao RETA perdía as cotizacións todas, cos seus xuros e dereitos, da Mutualidade. Aínda despois se querías estar exclusivamente no RETA tamén perdías estas túas achegas á Mutualidade, cos seus xuros e dereitos. Dende o 2006 o sistema de capitalizamento colectivo da Mutualidade transformouse nun sistema de aforro individual, reducindo moi substancialmente as previsións de xubilación das persoas mutualistas. O proceso foi moi pouco transparente por parte da Mutualidade, tanto na información ao cotizante aquel tempo como a captación posterior de novas persoas mutualistas. E os Poderes Públicos ollaron cara outro lado.
Velaí que a solución acaída sexa a integración voluntaria (coñecida como «pasarela ao RETA») para os profesionais colexiados que no seu momento optaron pola cobertura social mutual no canto da do RETA. Con este obxectivo o Grupo parlamentario do PSDOE presentou unha proposición ne lei que foi aprobada moi maioritariamente no seu debate de totalidade (só se abstivo Vox). Na fin deste setembro de 2025 rematou o prazo de emendar o texto e o Congreso aprobou por unanimidade, por proposta do deputado do BNG Néstor Rego, que se decidise no Pleno.
Esta proposición e mailas emendas presentadas (agás a do PP que tenta deixar a solución adiada até un acordo interpartidario no marco do pacto de Toledo) oriéntanse a que estes profesionais poidan acceder a pensións mínimas garantidas do sistema público, xa que un grande número de mutualistas alternativos enfróntanse a prestacións de xubilación moito máis baixas que as pensións contributivas mínimas do RETA.
A proposición socialista restrinxía desaqueladamente o perímetro de persoas mutualistas beneficiarias, ao esixir estar en activo como profesional colexiado na mutualidade o 31.12.2022 de decembro de 2022), non ter a cualidade de pensionista e ter accedido á Mutualidade antes do 01.01.2013.
As emendas presentadas polo BNG e demais forzas políticas (agás o PP e o PSOE) con algunhas diferenzas canto ao mantemento da alternatividade mutual acepta o criterio de 1x1: un mes de cotización mutual substitutiva ha de se computar como mes de cotización RETA, sen prexuizo das equivalencias e compensacións que sde determinen. Por outra banda, o cálculo para a nova pensión no RETA integraría non só as achegas ordinarias e extraordinarias de cada mutualista coa súa capitalización, senón a cota parte do patrimonio mutual que lle cumpra a cada mutualista por esas achegas capitalizadas. Esta capitalización individual habería estar totalmente exenta de gravame fiscal no intre da transferencia á SS.
Algunhas emendas propoñen, con toda xustiza, contemplar unha reforma legal que considere como cotizacións ao réxime xeral da SS as prestacións na quenda de oficio da avogacía e procura. Porén, semella que non é este o debate parlamentario aquelado para esta reforma, tendo en conta nomeadamente a actitude dubidosa do PP, PSOE e Vox e malia esencial falla de confianza na propia duración da lexislatura.
- Recta final para la apertura de un gran Gadis en la antigua nave de Caramelo en Agrela
- Forbes' sitúa en A Coruña tres de los cinco mayores patrimonios de España
- Gerard, el aficionado que se mudó a A Coruña por el Deportivo «con una mano delante y otra detrás»: «Me ha dado la vida»
- Burger Manía llega a Arteixo: cuatro días de hamburguesas gourmet
- Arranca en A Coruña tras once años de espera la obra del nuevo mercado y centro de salud de Santa Lucía
- La mayor tienda de alimentación de Marineda City ya tiene fecha de apertura y ofrecerá una gran novedad
- La obra del arquitecto de Riazor que anticipó la ronda de Outeiro
- Así era Dolce Vita, el centro comercial de A Coruña que cerró al abrir Marineda City y que ahora se transformará en Breogán Park