Opinión
Pedro Blanco Lobeiras, delegado do Goberno de España en Galicia
25 aniversario La Opinión A Coruña

Ría do Burgo, en maio pasado, tras o dragado. | Casteleiro
Hai 25 anos nacía na Coruña un medio chamado a ser parte fundamental da vida da cidade e a súa área metropolitana. Un diario que traía un aire novo e que representaba un compromiso coa información. Desde entón, LA OPINIÓN A CORUÑA consolidouse como un referente do xornalismo local, acompañando a xeracións de coruñeses e coruñesas que lían nas súas crónicas os cambios e transformacións da nosa sociedade. Fíxoo coa proximidade e o agarimo dun xornal que cre nas oportunidades da súa terra e que entendeu, desde o principio, a importancia de defender o dereito á información.
Nestes tempos de cambios profundos, de crispación e polarización constante, cando tantas voces prefiren elevar o ton a unha reflexión sosegada, o xornalismo rigoroso e de calidade convértese en máis necesario que nunca. Non falamos só de contar o que sucede, falamos de facelo con sinceridade, contraste e valentía. Fronte á desinformación que nos ameaza a diario, o aluvión de bulos que inundan as redes sociais e os discursos de odio dalgúns sectores, ofrecer á cidadanía ferramentas para pensar por si mesma e exercer a súa liberdade con conciencia é defender a democracia. Unha sociedade libre e xusta é capaz de fortalecer a transparencia, a pluralidade e a responsabilidade. E neste camiño, LA OPINIÓN A CORUÑA é un espazo que cultiva o debate público e garante a liberdade de expresión.
Por iso, este aniversario é unha invitación para mirar cara adiante, a seguir innovando sen esquecer as orixes, a vertebrar o noso territorio desde un prisma honesto e, en definitiva, a construír, entre todas e todos, unha A Coruña de progreso e benestar. Unha Galicia orgullosa do seu presente, pero, sobre todo, do seu futuro. Dun país que está a escribir as súas mellores páxinas: con máis dereitos, máis emprego e máis confianza. E dunha cidade e unha área metropolitana que está a vivir un momento de transformación e modernización sen precedentes, consolidando sectores estratéxicos e proxectándose con forza ante todo o mundo. E aí tamén o xornalismo ten e terá un papel insubstituíble, o de narrar o que está a pasar para que quede memoria do que logramos xuntos.
A miña felicitación e a miña gratitude por estes exitosos 25 anos. Estendo os meus parabéns ao Grupo Prensa Ibérica e aos traballadores e traballadoras que fixeron posible que LA OPINIÓN A CORUÑA sexa sinónimo de profesionalidade e confianza. Porque se avanzamos, é tamén grazas a quen o conta, a que o explica e a quen o pon en valor coa honestidade que merece a cidadanía.
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- Clara González, adiestradora de Arteixo: «En la adolescencia, los perros sienten tanto que a veces olvidan lo aprendido»
- La apertura de la pasarela con acceso para coches sobre la intermodal de A Coruña está prevista para 2030
- El baile de Os Mallos es «la mejor medicina» vecinal
- David Mella: 'Yeremay es todo lo calmado que no soy yo, nos equilibramos bastante
- La Fiscalía recurre la sentencia por la demolición de Casa Carnicero, en Oleiros
- El tiempo en A Coruña: la borrasca 'Claudia' sigue pegada a Galicia
- Un nuevo hito en la construcción del multiusos de Bastiagueiro