Opinión
José Manuel López Varela, alcalde de A Laracha
25 anos de transformación na Laracha
Hai 25 anos nacía LA OPINIÓN A CORUÑA. Era outubro de 2000, e por aquel entón eu xa levaba máis de un ano como alcalde da Laracha. Desde aquela compartimos un traxecto cheo de cambios a nivel global e local. O mundo viviu momentos que marcaron a historia recente: o 11-S, a crise financeira, a pandemia do covid... e avances tecnolóxicos e sociais sen precedentes. O noso concello tamén evolucionou, e medios libres e independentes como este xornal fixeron posible que a cidadanía estivese informada, algo imprescindible nunha sociedade democrática.
LA OPINIÓN non só contou o que sucedía no mundo, en España, en Galicia e na Coruña, tamén a evolución e o progreso da Laracha. Ano tras ano as súas páxinas foron espello das nosas transformacións, reflectindo como un concello que durante décadas foi eminentemente rural e viviu principalmente da agricultura e a gandería, se convertía nunha terra de oportunidades que hoxe mantén gran parte da súa poboación nas parroquias, pero que tamén consolidou as vilas e que procura ofrecer a todos os seus cidadáns os servizos, infraestruturas e equipamentos públicos que poden atopar nas grandes cidades.
Neste cuarto de século a nosa poboación creceu, e con ela ampliamos a rede de servizos sociais con programas e instalacións como o centro de día e fogar residencial, a escola infantil e o centro de saúde renovado que son realidades consolidadas. Os colexios e o instituto foron obxecto de melloras integrais, e contamos cunha ampla cobertura de instalacións culturais e deportivas acompañadas dunha programación de actividades variada e de calidade. E tamén cambiamos por completo a xestión dos residuos para facela máis eficiente e respectuosa co medio ambiente.
As nosas vilas mudaron a súa imaxe. Caión presume dun paseo marítimo que fai da localidade unha referencia turística. E na Laracha e en Paiosaco humanizáronse rúas e creáronse novos parques, prazas e zonas verdes que permitiron un desenvolvemento urbanístico amable, ordenado e responsable.
Da xestión dos últimos anos estou especialmente orgulloso do parque empresarial, que vai ser ampliado para seguir facendo da Laracha un municipio de oportunidades, aberto ao futuro e xerador de emprego.
Ese futuro pasa tamén por reforzar a nosa posición na área metropolitana da Coruña. Temos que seguir mellorando as comunicacións, aproveitar as sinerxías que nos ofrece o porto exterior de punta Langosteira e consolidar un territorio competitivo, sostible e atractivo para vivir e investir.
A Laracha é hoxe un concello dinámico que mira cara o futuro con confianza. E faino acompañado dun xornal, LA OPINIÓN A CORUÑA, que cumpre 25 anos contando o que pasa aquí e ao noso arredor. Parabéns polo aniversario e grazas por axudar a construír unha sociedade mellor.
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- Clara González, adiestradora de Arteixo: «En la adolescencia, los perros sienten tanto que a veces olvidan lo aprendido»
- La apertura de la pasarela con acceso para coches sobre la intermodal de A Coruña está prevista para 2030
- El baile de Os Mallos es «la mejor medicina» vecinal
- David Mella: 'Yeremay es todo lo calmado que no soy yo, nos equilibramos bastante
- La Fiscalía recurre la sentencia por la demolición de Casa Carnicero, en Oleiros
- El tiempo en A Coruña: la borrasca 'Claudia' sigue pegada a Galicia
- Un nuevo hito en la construcción del multiusos de Bastiagueiro