Opinión
José Luis Fernández Mouriño, alcalde de Carral
Por outros 25 anos dándolle voz á comarca
LA OPINIÓN A CORUÑA celebra, neste 2025, o seu vinte e cinco aniversario. Un número redondo para un xornal que nos converteu en testemuñas dalgúns dos fitos e acontecementos máis importantes da nosa comarca, da cidade da Coruña e, en xeral, de toda Galicia. Festexamos así unhas vodas de prata que falan e dan conta da veracidade, da rigorosidade e, sobre todo, do servizo de vocación pública que a cabeceira demostrou ter desde as súas orixes e que soubo manter ata hoxe.
Sen medo a equivocarme, pódovos dicir que medios de comunicación como LA OPINIÓN A CORUÑA teñen moito en común coas administracións locais. E é que tanto os representantes municipais dos concellos como os xornalistas teñen que saber deixar a un lado calquera interese particular e ofrecer un servizo público á cidadanía. A isto hai que sumar a proximidade que os concellos e as cabeceiras locais poden brindar á veciñanza, dándolles un trato case individual.
Ao longo deste cuarto de século LA OPINIÓN A CORUÑA puido tratar, abordar e visibilizar o día a día dos carraleses e carralesas, dándolles voz e revelando os cambios e a tendencia de crecemento que Carral experimentou neste período. Por poñer un exemplo, no ano 2000, cando o primeiro exemplar do xornal viu a luz, Carral tiña unha poboación de 5.275 veciños e veciñas. Case vinte e cinco anos despois, en 2024, a cifra pechouse en 6.775 persoas. Seguimos medrando, si, pero sen perder o que nos fai diferentes: ese trato próximo ao cidadán. E niso, volvemos coincidir con este xornal. Porque con independencia de canto tempo pase, LA OPINIÓN A CORUÑA soubo preservar o seu espírito local, a característica que mellor o define.
O meu desexo para LA OPINIÓN só pode pasar por duplicar a súa idade e por outros vinte e cinco cargados de notas, de artigos, de reportaxes e de entrevistas. Desexo, de corazón, que poidan chegar a esas vodas de ouro tratando aos meus veciños e veciñas de Carral de ti a ti e informándoos daquilo que lles preocupa ou afecta directamente. A LA OPINIÓN deséxolle, en definitiva, outros vinte e cinco anos nos que poder contar a historia do que Carral foi, é e será nun futuro.
Grazas, LA OPINIÓN A CORUÑA, por ser os nosos ollos e oídos durante todo este tempo.
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- Fallece un larachés de 36 años en un accidente cerca de Ledoño
- Uno de los planes más esperados de la Navidad regresa a A Coruña
- El portero que saltó a la fama en A Coruña, puso de moda los pantalones largos y acabó su carrera en Sabadell
- Clara González, adiestradora de Arteixo: «En la adolescencia, los perros sienten tanto que a veces olvidan lo aprendido»
- Protesta de taxistas en A Coruña: una caravana para denunciar intrusismo de los VTC
- Fallece un larachés de 36 años en una colisión múltiple cerca de Ledoño
- La Fiscalía recurre la sentencia por la demolición de Casa Carnicero, en Oleiros