Opinión
Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros
A pola Gran Coruña!
O gran reto que temos na Coruña neste século é crear unha estrutura metropolitana, unha entidade supramunicipal formada polos concellos da comarca para prestar con máis eficacia algúns servizos públicos, pensando máis na cidadanía que na burocracia ou nas competencias de cada entidade.
Un xeneroso brinde de boa vontade e miradas amplas para reunir toda a nosa forza común: planificar, reclamar e xestionar moitos aspectos relacionados sobre todo coa mobilidade, a calidade ambiental e a sustentabilidade.
Non é precisa unha bola de cristal para predecir que os problemas serán cada vez menos locais. Somos unha cidade de medio millón de habitantes.
Durante este cuarto de século que celebra LA OPINIÓN houbo avances. Desde Oleiros e Culleredo creamos o Consorcio das Mariñas. Foi un primeiro paso que temos que superar xa coa creación dunha Área Metropolitana na que teñen que estar A Coruña e Arteixo.
A cidade é a cabeza indiscutible desta gran metrópole. O Concello da Coruña debe asumir o liderado que lle corresponde, facendo honor á súa tradición aberta, galeguista, cosmopolita e integradora. Sabemos que hai unha Coruña que sabe mirar lonxe e que será quen de articular unha nova linguaxe urbana máis potente e global.
A partir desta visión metropolitana, con altura de miras e sensibilidade, poderemos ir resolvendo problemas reais como o da mobilidade. Debemos reducir o coche privado, pero non podemos seguir dependendo da Xunta para reformular o noso transporte.
Sería posible crear un servizo de autobuses integrado, modular, con intercambiadores e billetes comúns, acorde ás necesidades. Cunha auténtica colaboración público-privada, non pensando en beneficiar á concesionaria, como fai a Xunta.
Un transporte que podería ir paliando o déficit que arrastramos en infraestruturas viarias, onde existe unha débeda histórica de Estado e Xunta. Ante o nulo compromiso dos respectivos parlamentos, os concellos debemos tomar a dianteira. Milleiros de persoas, día si e día tamén, chegan tarde a traballos, clases, citas médicas... Ademais do prexuízo económico empresarial.
Para combater o cambio climático necesitamos unha mobilidade máis áxil. Tamén tomar en serio o ciclo da auga, renovando redes e depósitos para garantir abastecementos; saneamento e depuración, un tratamento de residuos máis eficiente… E moitas outras posibilidades de cooperación, sen renunciar á independencia de cada consistorio.
Non deberiamos frear máis a constitución da Área Metropolitana. Somos a primeira metrópole galega e unha das máis puxantes do Estado. Con diálogo é posible entendernos para crear unha Gran Coruña que conquiste vangarda e calidade.
- Gerard, el aficionado que se mudó a A Coruña por el Deportivo «con una mano delante y otra detrás»: «Me ha dado la vida»
- Pablo Montero, deportista sancionado por surfear en A Coruña con alerta naranja: 'No me puedo creer que la primera vez que me multen sea en mi ciudad”
- Forbes' sitúa en A Coruña tres de los cinco mayores patrimonios de España
- A Coruña antes de Marineda City: cuando la ciudad inauguró su primer, y polémico, centro comercial del siglo
- Brais Pardo, el adolescente coruñés que cumplió su sueño de tocar con Los Satélites: 'La primera vez que los escuché dije: esto es música
- La obra del arquitecto de Riazor que anticipó la ronda de Outeiro
- La mayor tienda de alimentación de Marineda City ya tiene fecha de apertura y ofrecerá una gran novedad
- El templo perdido de la merluza a la romana y la tortilla en A Coruña nacido de una dinastía deportivista