Opinión
Carlos Varela, exfiscal superior de Galicia
‘Deepfake’: unha tecnoloxía de riscos e desafíos legais
Laiándose de ter sido vítima da intelixencia artificial (IA), a actriz norteamericana Scarlett Johansson tivo que desmentir enmáis dunha ocasión a aparició n da súa imaxe e voz en vídeos falsos, algúns de contido erótico ou pornográfico (deep nudes), que se fixeron virais e deron a volta ao mundo en internet.
Trala desenfreada proliferación destes vídeos Johansson acusou o goberno do seu país de estar paralizado cando se trata de aprobar unha lexislación que protexa a todos os cidadáns contra os perigos inminentes da IA.
No noso ámbito, o Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial (2024) pasou a incluír a definición da expresión deepfake, aludindo a «un contido de imaxe, audio ou vídeo xerado ou manipulado por unha IA que se asemella a persoas, obxectos, lugares, entidades ou sucesos reais e que pode inducir a unha persoa para pensar erroneamente que son auténticos ou verídicos».
Esta tecnoloxía sintética permite asimesmo a recreación artificial de individuos falecidos, prolongando a existencia de personalidades notorias, figuras históricas e ilustres artistas, cuxas vidas quedan perpetuadas no tempo vagando polo mundo de maneira infinita.
O exemplo máis famoso da implementación desta tecnoloxía no cine foi a derradeira película da saga Star Wars, na cal a actriz Carrie Fisher, coñecida polo seu personaxe da princesa Leila, falecera durante o seu rodaxe, polo que houbo que facer uso desta técnica para as escenas pendentes de gravación.
O temor a ser replicadas dixitalmente levou a celebridades como Madonna e a actriz Whoopi Goldberg a deixar constancia testamentaria para evitar ser perpetuadas baixo a forma de hologramas.
Nos ámbitos artístico e publicitario, tense dado o caso de vinculación dunha celebridade, xa falecida, con posicionamentos que están na antítese do seu pensamento en vida. Este paradigma comercial suscita repercusións éticas e xurídicas asociadas a utilización da técnica deepfake en relación co dereito a tutela da imaxe post morten.
Nestes casos, sostense que debería ser contemplada unha lexislación, que determinara que o «contido reconstruído dixitalmente post morten debe ser coherente coa identidade construída durante a vida da persoa», mesmo impedindo a autorización sobrevida dos herdeiros, polo que este aspecto da personalidade sería irrenunciábel e non formarían parte do conxunto de bens que conforman a herdanza dixital.
En xaneiro de 2021, unha marca cervexeira lanzou unha campaña publicitaria protagonizada por Lola Flores, artista española de fama internacional falecida en 1995. En cuestión de horas, a campaña bateu récords de difusión nos medios dixitais. A súa principal peculiaridade foi o uso do deepfake para ‘devolver á vida’ á mítica artista, así como poñer na súa boca unha mensaxe reivindicativa, que mobilizaba ao público para defender o seu acento.
No Brasil, suscitouse o debate con ocasión da «resurrección» dixital da ilustre cantora Elis Regina, falecida en 1982, propoñendo que os herdeiros e sucesores reciban exclusivamente os dereitos morais e financeiros da persoa falecida sen posibilidade de facer creacións dixitais que a fagan interactuar en situacións non experimentadas ou que choquen coas súas posicións adoitadas en vida. Porén, non foi a primeira vez que, a través do uso manipulado da imaxe, a publicidade uniu unha persoa viva a unha persoa morta para emocionar o país.
En 1992, a peza publicitaria da cervexa Brahma reuniu a Vinicius de Morais, falecido 12 anos antes, co seu par musical Tom Jobim, promocionando esta bebida que non era a preferida do poeta, coñecido apreciador do wiski.
Estes exemplos, son indicativos da permanente necesidade de actualización da nosa lexislación ante o boom de ferramentas de IA xenerativa, caracterizadas pola explotación comercial de ilustres figuras falecidas, verificando se a utilización da súa imaxe está en consonancia coa vida, valores, visión do mundo e pensamento que integraron, nunha época, a construción da súa personalidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- Fallece un larachés de 36 años en un accidente cerca de Ledoño
- Uno de los planes más esperados de la Navidad regresa a A Coruña
- El portero que saltó a la fama en A Coruña, puso de moda los pantalones largos y acabó su carrera en Sabadell
- Protesta de taxistas en A Coruña: una caravana para denunciar intrusismo de los VTC
- Fallece un larachés de 36 años en una colisión múltiple cerca de Ledoño
- La Fiscalía recurre la sentencia por la demolición de Casa Carnicero, en Oleiros
- Así buscará fichar de nuevo el Sporting a Yeremay en enero