Opinión
Suso Díaz
O pasado venres, Santiago de Compostela acolleu unha emotiva homenaxe a Suso Díaz, figura clave do sindicalismo galego e referente maior de CCOO en Galicia. Celebrouse á persoa e ao construtor dunha maneira de entender o sindicato como axente social, aberto ao diálogo e comprometido co país. Suso contribuíu decisivamente a que as Comisións Obreiras galegas pasasen de ser só unha organización de defensa dos dereitos laborais a converterse tamén nun actor político e social imprescindible para comprender a Galicia de hoxe.
Impresionou a cantidade de asistentes, mais sobre todo a súa diversidade. Unha pluralidade extraordinaria e valiosa, reflexo dunha sociedade que sabe atoparse e recoñecerse. En tempos nos que, especialmente en Madrid, o diálogo semella imposible e a mesura é un ben escaso, Galicia deu o venres unha lección de convivencia cívica e democrática. Un conselleiro de Emprego da Xunta reivindicando a importancia e a necesidade do diálogo social, acompañado por sindicalistas, políticos de todas as cores e representantes de organizacións empresariais, resumía perfectamente o legado de Suso Díaz: a arte de construír xuntos dende a diferenza.
Síntome orgulloso de que en Galicia teñamos entrado xa na fase de celebrar colectivamente aos nosos. Aos referentes sindicais, empresariais e políticos que, dende posicións distintas, contribuíron e contribúen a forxar o país que hoxe somos. Non sempre se homenaxea ao máis próximo ideoloxicamente, e esa é precisamente a grandeza do xesto. Cando as cousas se fan con honestidade e sensatez, cando prevalece o espírito de construción colectiva, todos podemos recoñecernos nun mesmo proxecto común.
Orgulloso, si, de ser galego nunha Galicia plural, dialogante e capaz de celebrar colectivamente a figuras coma a de Suso Díaz.
- Joaquín y Maribel, un matrimonio de A Coruña que deja su herencia en vida: «Por si algún día uno de los dos ‘pierde’ la cabeza»
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- No querían que siguiera en el negocio, ahora lo dirige: la encargada de Komo Sushi en A Coruña
- Irene Ventura, nueva presidenta de comerciantes de Sada: «Los vecinos se quejan de que cierra todo, por eso estamos más unidos que nunca»
- El superyate de 80 metros de eslora de un magnate estadounidense recala en el puerto de A Coruña
- Esto es lo que se tardaba en ir de A Coruña a Vigo en tiempos de los romanos
- Uno a uno del Deportivo ante el Córdoba: las notas
- Así queda la clasificación de Segunda División: el Dépor regresa al liderato seis jornadas después
