Opinión | Olladas ao País
No da enerxía eólica o TSXG cumpre e a Xunta é o problema
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de anular as autorizacións administrativas previa e de construción da Xunta do parque eólico (P.E.) A Ruña III, no concello de Mazaricos. A sentenza considerou que a declaración de impacto ambiental (DIA) favorábel da Xunta non era acaída por se limitar ao impacto do parque eólico no canto de avaliar este de xeito conxunto co impacto ambiental da liña eléctrica de evacuación. Tamén considera que a DIA non analizaba, para previr ou minorar, os danos a xerar eventualmente polo P.E. a algúns espazos próximos á Rede Natura 2000.
Axiña chegaron as avaliacións do presidente Rueda e de cadansúas conselleiras responsábeis das políticas ambiental e industrial do Goberno galego, así como da patronal eólica estatal. Todos coincidiron en que a sentenza seica é moi negativa para o desenvolvemento económico galego e que, no plano xurídico, vai contra a xurisprudencia do Tribunal Supremo (TS). En concreto, iría contra da súa sentenza de 21 de marzo de 2025, que anulou unha anterior do TSXG a respecto do P.E. de Campelo, Monte Toural e Bustelo, e anulaba tamén a doutrina do TSXG sobre os chamados «fraccionamentos» de P. E.
Mais non hai tal. O que dixo entón o TS foi que partillar unha subestación ou unha liña de evacuación non habería anular per se unha autorización por mor dun fraccionamento ilegal («fraccionamento formal»). Mais a regra xeral nos casos de fraccionamento será o «fraccionamento material» (cando se tente fuxir dunha avaliación ambiental completa e integrada do conxunto dos efectos ambientais que acumulativamente van xerar os P.E. atinxidos individualmente fragmentados).
É dicir, cando o TSXG manifesta na súa recente sentenza que cómpre avaliar conxuntamente, non só o impacto do P.E., senón o da liña que vai levar a enerxía que ese P.E. produza á rede, non fai máis que seguir a doutrina do TS da sentenza que anulou a sentenza do TSXG do P.E. de Campelo, Monte Toural e Bustelo. Fraccionar as autorizacións administrativas previa e de construción dun P.E. non determina a nulidade das mesmas que, pola contra, si procederá cando non se avalíe de xeito conxunto todo o impacto ambiental que xere o proxecto. Os fraccionamentos «formais» serán admisíbeis; mais os fraccionamentos materiais nunca o serán e constituirán causa de nulidade das autorizacións dos P.E. atinxidos, por non se avaliar de xeito acumulativo e global o impacto ambiental que van causar.
Tamén lembraron as fontes devanditas do Goberno galego e da patronal eólica que o Dereito da UE considera a produción de enerxía eléctrica por fontes renovábeis unha actividade económica de interese público superior. Iso é certo. Mais o Dereito europeo confirma a necesidade, en xeral, da avaliación ambiental agás para a repotenciación dos P.E. existentes que non incrementen a enerxía producida en máis dun 15%. Mais o problema de Galicia que non amaña nin amañará nin o Dereito europeo nin o TXUE é que non ten previamente avaliadas ambientalmente as áreas destinadas ao desenvolvemento eólico, o que determinou a pasada e presente enxurrada de proxectos non sostíbeis.
Velaí que unha grande maioría dos procedementos xudiciais pendentes por autorizacións de P.E. agardarán pola súa sentenza definitiva estando suspendidas cautelarmente cadansúas autorizacións administrativas por causa de chatas e defectos da avaliación ambiental da Xunta (patrimonio cultural, flora, fauna, hidroloxía, paisaxe, sanidade humana e animal, etc.), moitas veces acreditada por información do propio Ministerio para a Transición Ecolóxica (Índice de Sensibilidade Ambiental-ISA- de enerxía eólica, que advirte da saturación da meirande parte do territorio galego).
Xa que logo, o que contará será o exame, caso por caso, da avaliación ambiental da Xunta, fronte ás probas que propoñan os recorrentes, moitas veces avaliadas por esas certificacións ISA do Goberno do Estado. O TSXG respecta a xurisprudencia do TS e do TXUE e o problema lle pertence á Xunta e —tamén— á patronal eólica.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una cafetería de A Coruña, multada con 3.000 euros por incumplir la normativa de terrazas
- Irene Ventura, nueva presidenta de comerciantes de Sada: «Los vecinos se quejan de que cierra todo, por eso estamos más unidos que nunca»
- Joaquín y Maribel, un matrimonio de A Coruña que deja su herencia en vida: «Por si algún día uno de los dos ‘pierde’ la cabeza»
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- Cómo cargar un coche eléctrico en A Coruña: «Es la única forma de que te salga rentable»
- Una grúa especial para colocar la espectacular cúpula del multiusos de Bastiagueiro
- El portero que dejó Primera División por el Fabril y que ha encontrado su sitio en Ceuta
- El gesto de un joven seguidor del Celta que genera admiración hasta en la afición del Deportivo
