Opinión | Res Pública
IDEAGOV
IDEAGOV, acrónimo do International Center for Decentralization and Governance, naceu hai un mes no seo da Universidade de Santiago de Compostela coa vontade de situar a Galicia no mapa mundial da investigación e da transferencia de coñecemento sobre gobernos subcentrais, gobernanza e descentralización, dende a dobre perspectiva da economía e da ciencia política. A súa ambición é conectar o pensamento académico coas demandas reais das institucións e da sociedade, convertendo a Galicia nun espazo de referencia internacional neste campo complexo e decisivo para o futuro das democracias.
Esta semana, IDEAGOV celebrou o seu primeiro evento, cunha reunión na que participaron investigadores de múltiples países, dende Sudáfrica a Estados Unidos, pasando por Canadá e Suiza, entroutros. O asunto central foi un tema tan fascinante como delicado: as vantaxes e os perigos das solucións asimétricas na organización territorial dos Estados. Os españois coñecemos ben esta cuestión, tanto polo sistema foral como polo debate actual provocado polas propostas dos partidos independentistas cataláns. Trátase dun ámbito aínda pouco explorado, pero de enorme transcendencia para a convivencia e o equilibrio institucional.
A asimetría é un fenómeno diverso: mesmo países moi centralizados, como Francia ou Portugal, presentan asimetrías notables, habitualmente vencelladas á distancia respecto da capital ou á insularidade, como sucede en Córsega, Madeira ou na Martinica. Nalgúns casos, a asimetría está recoñecida constitucionalmente —como ocorre co País Vasco e Navarra—, mentres noutros, como Quebec en Canadá, non conta con amparo formal. Estas fórmulas poden axudar a manter unido un país, mais tamén corren o risco de converterse nunha estación intermedia cara á fragmentación e ruptura dos países. Ademais, con frecuencia derivan en desigualdades e sentimentos de agravio comparativo entre territorios.
A realidade demostra que dependendo das condicións de partida, dos procesos implementados e das fórmulas escollidas, os resultados poden ser moi diferentes. En 2026, continuaremos traballando para ofrecer unha diagnose máis sistemática e fundamentada na evidencia sobre as causas e consecuencias da asimetría na descentralización, e sobre cando cabe agardar que unha asimetría axude a unidade dentro dun Estado e cando pode minala.
Este é outro exemplo máis de por que as ciencias sociais son esenciais para gobernar o noso futuro con sentidiño, xa falemos de IA, de gobernanza, de cambio climático ou de avellentamento. A Xunta está a facer unha aposta innovadora e decidida pola investigación no sistema universitario galego. E a semana pasada deixou claro que tamén aposta polo equilibrio ao presentar a Fundación Galtia. O conselleiro Román Rodríguez anunciou que nas cinco primeiras fichaxes haberá paridade entre homes e mulleres. De novo, moi atinado. Confío plenamente que ese equilibrio estenderase tamén no vector de especialización. Porque non se entendería que as ciencias sociais quedasen fóra.
- Dos cadenas abren en Marineda City sus primeras tiendas en Galicia, donde habrá nuevas inauguraciones
- Los positivos por drogas entre repartidores en Galicia superan en un 80% a las alcoholemias
- 0-1 | RC Deportivo 0-0 Real Sociedad B, en directo hoy: partido de la Liga Hypermotion en vivo | Segunda parte
- De ilusión a pesadilla: Una artesana abandona el poblado navideño de A Coruña tras volar el techo de su puesto
- El auténtico sabor de China se extiende a Monte Alto: «Para nosotros, A Coruña es la ciudad ideal»
- Detenido el presunto autor de un homicidio a cuchilladas en A Coruña
- Tres amigas de Arteixo marcan la pisada del futuro con su zapatería barefoot: 'Fuimos las primeras en la comarca
- La segunda jornada de huelga de transportes deja paro total en la estación de A Coruña con esperanzas de negociar la semana que viene
