Opinión
Carlos Varela
Odio e intolerancia nas redes sociais dixitais
As redes sociais convertéronse nun espazo cotián para a expresión e a interacción. Grandes plataformas como Google, Facebook, Instagram ou X permiten que calquera persoa publique contido, opinións e imaxes en segundos, chegando a centos ou incluso miles de persoas. A sociedade contemporánea vive unha época de exacerbación dos discursos negativos, xerando un clima de animosidade que tensiona as colectividades.
Neste sentido, a elección presidencial norteamericana de 2016 xurdiu como unha síntese dos discursos negativos ou discursos de odio.
«Os mexicanos traen drogas e son violadores», son verbas pronunciadas por Donald Trump, o día que anunciou a súa candidatura presidencial. Un discurso desta natureza, dirixido a grupos étnicos minoritarios, caracterízase pola imposición dun estigma de perigosidade a esa poboación, ademais de promover a súa exclusión xurídico-político-territorial nos Estados Unidos.
A liberdade de expresión é un dos pilares da democracia, é o “can gardián da democracia”, en expresión do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Trátase dun dereito inalienable de todo individuo a manifestar o seu pensamento sen censura, porén non é un dereito absoluto e non pode ser invocado para practicar a intolerancia ou prexuízos de calquera orde, como tampouco a difamación, a inxuria, a calumnia ou a incitación a calquera forma de violencia.
No ambiente dixital obsérvase o crecemento de discursos de odio, xenófobos, homófobos, racistas e violentos, traendo a reflexión sobre cal sería o papel das plataformas dixitais na difusión destes perfís marcados pola intolerancia e o radicalismo.
Estes discursos producen un “efecto burbulla” buscando o seu recoñecemento por parte de outros suxeitos intolerantes que pensan de forma homoxénea e se opoñen á diversidade e ao pluralismo social.
Deste xeito, foméntase un clima de radicalización permanente, propiciando que, en torno a calquera tema, se formen dous ou máis bloques de opinión diametralmente opostos, sen marxe para a mediación. A xente rebate, cos argumentos máis simplistas, calquera cuestionamento das súas opinións sobre o tema do día, mesmo se o seu nivel de coñecemento ao respecto é mínimo.
Nun estudo (publicado 02-06-2023) un equipo de investigadores da Universidade de California (EEUU) comprobou que os discursos de odio aumentaron un 50% na rede social X (antes Twitter) desde a súa compra por Elon Musk en outubro de 2022 ata xuño de 2023.
Os autores do estudo atoparon un aumento significativo do discurso de odio manifestado como racismo, homofobia e transfobia, xunto cunha maior interacción de usuarios neste tipo de contidos tóxicos.
O modelo de negocio das grandes plataformas dixitais (Google, Facebook, Meta, TikTok, X, etc.) baséase na intermediación conectando a usuarios, anunciantes, creadores, provedores e consumidores. Os seus algoritmos de recomendación priorizan controversias e interaccións intensas (comentarios, likes, compartidos, reaccións de enfado ou burla) sen importar se xeneran emocións positivas ou negativas.
A controversia entre usuarios sobre temas polémicos ou polarizadores, adoita producir máis participación emocional inmediata. O resultado materialízase en máis beneficios e ingresos por publicidade ou subscricións, aínda que se deteriore a calidade do debate.
Tanto a normativa europea (Regulamento de Servizos Dixitais), como a española (Lei de Servizos da Sociedade da Información) consideran responsábeis as plataformas polos contidos ilícitos vertidos por terceiros na rede, se unha vez notificadas non proceden de modo dilixente a retirar a información obxectable.
Igualmente deben comunicar aos seus usuarios por que eliminaron un contido ou por que restrinxiron o acceso a unha conta. As plataformas teñen agora a obriga legal expresa de proporcionar exposicións claras e específicas dos motivos das súas decisións de moderación de contidos. A Lei de Servizos Dixitais tamén faculta aos usuarios a impugnar tales decisións a través dun mecanismo extraxudicial de litixios.
O tempo dirá se este marco legal europeo, que comezou a súa aplicación extensiva en febreiro de 2024, resulta eficaz para o obxectivo dun mundo dixital máis seguro e inclusivo para todos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Sale a la venta un piso de obra nueva con terraza y vistas a la Ría del Burgo en Culleredo por 242.000 euros
- Los nuevos contenedores orgánicos de A Coruña: cerradura electrónica y factura de 2,35 millones, pero no «inteligentes»
- El Concello de A Coruña da licencia para convertir más de 40 bajos en vivienda en lo que va de año: se alquilan por hasta 2.000 euros
- Santa Cristina vive una segunda juventud: El tardeo y al vermú reactivan la zona
- El grupo coruñés que cocina A Mundiña y el Bernabéu Market: «No queremos que nada disfrace el producto
- O bar familiar da Coruña que leva 55 anos dando de comer ao barrio de Monte Alto: «Teño clientes que me viron polo local desde pequena»
- Una cooperativa de Xuxán, en A Coruña, busca socios para vivir en pisos ‘a la carta’: estas son las condiciones
- Zara publica la guía de viaje de A Coruña a ojos de Martiño Rivas: 'Es una ciudad inventada por el mar