Opinión | Res Pública
¿Haberá orzamentos do Estado para 2026?
Por segundo ano consecutivo, a Administración Xeral do Estado ficou á marxe do ciclo orzamentario ordinario. As contas públicas continúan rexéndose, na práctica, polos Orzamentos Xerais do Estado de 2023, aprobados no Congreso dos Deputados o 24 de novembro de 2022.
Aínda que a orde para iniciar a súa elaboración foi publicada en setembro, o proceso para os orzamentos do 2026 acumula un atraso considerable. Non existen obxectivos de estabilidade orzamentaria nin de débeda, nin tampouco unha taxa de referencia para a regra de gasto no trienio 2026-2028. E, por segundo ano seguido, carecemos do preceptivo Plan orzamentario ante Bruxelas. Xa que logo, o exercicio 2026 dará comezo cunha nova prórroga.
A extrema fragmentación do Congreso dos Deputados é a principal responsable desta situación inercial, inédita nos últimos cincuenta anos. Porén, España non é os Estados Unidos, e a falta de orzamentos non paraliza o funcionamento da administración nin o crecemento do gasto, grazas a mecanismos como as actualizacións automáticas e os decretos‑lei. Neste contexto, cómpre subliñar o notable comportamento da recadación tributaria, impulsada por unha conxuntura económica aínda favorable, que está a contribuír de xeito decisivo a reducir o déficit público malia a parálise política.
Á luz do anterior e da retirada do apoio parlamentario de Junts per Catalunya ao Goberno central, algúns analistas anticipan que finalmente o goberno tampouco presentará os orzamentos para 2026. Eu non concordo. Mesmo que a probabilidade de aprobación sexa moi baixa, enviar ao Congreso dos Deputados o proxecto para 2026 ofrece ao goberno unha oportunidade para a comunicación do seu programa de actuación pensando nas seguintes eleccións. E creo que non a vai deixar pasar.
- Oleiros se niega a 'regalar dinero público' para que el 1A llegue a Santa Cristina
- Kevin Sánchez: 'En el Dépor estás en una burbuja muy bonita y cuando sales, ves que hay muchísimo fútbol, es una vuelta a la realidad
- Arteixo termina la demolición de cinco inmuebles para la construcción de una mini rotonda en el cruce de Morás
- Un San Bernardo de 90 kilos, Oso, estrella en la feria de mascotas Pata Pata 2026 de A Coruña
- Jevaso, proveedora de Inditex y Mango, reduce plantilla y refuerza su equipo directivo
- El Concello de A Coruña cambia de modelo de mercado navideño e invertirá 381.000 euros
- El fotógrafo convertido a cocinero de Cambre: 'Hacemos una cocina de abuela, pero un poco más refinada
- El 'día espejo' del eclipse en A Coruña: por qué debes mirar por tu ventana este 30 de abril
