Opinión | O Grupo Naturalista Hábitat opina
Cosme Damián Romay Cousido
Sobre os espazos naturais desprotexidos
O 1 de xaneiro de 1986 os estados español e portugués convertéronse en membros de pleno dereito da Comunidade Económica Europa. Isto supuxo, entre outros cambios, a trasposición de directivas europeas ao ordenamento xurídico destes estados. Deste xeito, a adopción da Directiva 79/409/CEE, relativa á conservación das aves silvestres («Directiva Aves»), fixo posible a designación de Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAs) desde o ano 1988 en España. En 1992 aprobouse outra directiva europea relevante: a 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, coñecida como «Directiva de Hábitats».
Esta directiva propiciou a identificación de Lugares de Importancia Comunitaria (LICs), que acollían hábitats naturais escasos, biodiversos ou fráxiles e especies vexetais e animais (agás aves) con estados de conservación tamén delicados. Sumando LICs e ZEPAs crearíase unha rede europea coherente de espazos naturais: a Rede Natura 2000. Tras un complexo proceso, en 2004 o Goberno galego creou o primeiro mapa de espazos da Rede Natura 2000 de Galicia, ocupando menos do 12% do territorio autonómico (último posto das autonomías españolas).
En 2008 houbo unha necesaria proposta de ampliación, para así protexer un 18% de Galicia (porén, inferior á media española). A ampliación incluía espazos naturais como as Brañas do Deo (preto de Teixeiro, Curtis), a serra da Cova da Serpe (Curtis/Friol) e as cabeceiras dos ríos Mera, Eo e Navia, ademais do Cordal de Montouto (Aranga), Paxareiras (Muros/Carnota) e a serra do Barbanza, entre outras. Esta ampliación non se fixo efectiva, deixando estes espazos a mercé da ocupación con parques eólicos, liñas de alta tensión, plantacións de eucaliptos e novas pistas.
Tras as protestas de colectivos ambientalistas, que chegaron a oídos da Comisión Europea, o goberno galego declarou dúas ZEPAs e retomou a ampliación da Rede Natura 2000 no ano 2011, creando un novo mapa no que, así e todo, esqueceron espazos como o Cordal de Montouto, Paxareiras e a serra do Barbanza, entre outros. Porén, tampouco esta proposta —que apenas atinxía o 15% galego— saiu adiante. Desde entón, cero cambios na parte terrestre da Rede Natura 2000 galega, que apenas supera o 12% do territorio. As Brañas do Deo están agora maioritariamente a eucaliptos. As serras e cordais arriba mencionados, con parques eólicos e inzados de pistas e tendidos eléctricos, vítimas da desprotección.
Conclusión: o Grupo Naturalista Hábitat solicita ao Goberno galego que retome a ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia, incorporando parte da recentemente aprobada Infraestrutura Verde de Galicia (*). Isto elevaría a porcentaxe de territorio protexido a un esperanzador 28%, algo por riba da media estatal. Ademais, solicita a aplicación do Regulamento 1991/2024 («Lei de Restauración da Natureza») para recuperar os valores ambientais dos espazos naturais degradados.
(*) gnhabitat.org/o-ecoloxismo-galego-reclama-a-incorporacion-da-infraestrutura-verde-de-galicia-na-obrigada-ampliacion-da-rede-natura-2000/
- Nueva superficie comercial en Oleiros: Arranca la construcción del Lidl de Bastiagueiro
- Espacio Coruña incorpora cuatro empresas y negocia con un nuevo operador de cine tras la marcha de Yelmo
- El auge económico de A Coruña deja atrás a los trabajadores: la subida de los salarios es la mitad que la del PIB
- La borrasca 'Ingrid' azota Galicia: noche de rayos, truenos y viento huracanado en A Coruña
- Una andaluza llega a A Coruña y se indigna con este plato: 'no sé si voy a poder vivir con ello
- El Deportivo busca una nueva marca proveedora de camisetas
- Detenido en A Coruña uno de los fugitivos más buscados de España
- Todo Galicia en alerta: la Aemet avisa de la llegada del temporal más duro del invierno