Opinión | Res Pública
Coidar a democracia
O que estamos vendo nos Estados Unidos dá medo. Unha das democracias máis avanzadas e ricas do mundo pode, en cuestión de meses, transitar cara equilibrios impensables. E se pasa alí, como non vai poder facelo noutras partes. A preocupación está xustificada.
A esencia do problema é sinxela. A medida que o mundo no que vivimos se vai facendo máis complexo, pola globalización e a interdependencia, polo desenvolvemento tecnolóxico exponencial e polo ecosistema que definen as redes sociais, entre outros factores, aparecen máis retos para as democracias. Retos complexos que requiren solucións complexas e equilibradas. Se unha maioría de cidadáns non está disposta a facer ningún esforzo de informarse criticamente e perden a confianza nos partidos políticos tradicionais, é inevitable que trunfen movementos populistas nos extremos. Movementos que defenden solucións simples e, na meirande parte dos casos, erróneas. Mais unha vez que chegan ao poder, o hábil manexo do relato fai que a verdade non sexa o que importa, que a verdade sexa indefinida. O camiño ás pulsións autocráticas está servido.
Neste contexto, só cabe apelar a tres cousas. A primeira, facer o posible para que os cidadáns estean mellor informados. Neste punto, os medios de comunicación tradicionais necesitan apoio, pero tamén asumir un maior compromiso co código deontolóxico da profesión; e a sociedade civil e as universidades públicas teñen que dar un paso adiante para que os debates serios se impoñan. A segunda, é que os partidos reforcen o seu capital humano interno, pero tamén externo; que interacionen moito máis coas persoas que saben dos diferentes asuntos. E que asuman compromisos de respecto as formas e ao fondo no debate político. Porque no ruído e no insulto sempre gañan os extremistas. A terceira cuestión ten moito que ver co anterior. Os partidos que están dispostos a facer política con argumentos fundamentados deberan darse prioridade entre si nos acordos e apoios, por riba de diferencias ideolóxicas.
En grao diverso, todos temos certa responsabilidade no que está a pasar.
- La huelga de buses seguirá suspendida este lunes a la espera de un acuerdo
- El restaurante de A Coruña para disfrutar de la auténtica pasta italiana: “Esto es como una casa, aquí lo hacemos todo nosotros”
- Amancio Ortega desembarca en Oceanía con la compra del 100% de Qube junto a Macquarie
- El Superior niega que el Concello de A Coruña pueda reclamar 1,66 millones a la antigua concesionaria de jardines
- Más de 300 estudiantes mensuales en A Coruña para hacer el examen de extranjería: 'Hay mucha demanda
- ¿Dónde se vive más?: este es el mapa de la longevidad en el área metropolitana de A Coruña
- El orgullo de ser de Monte Alto con un código postal 'de moda': 'Los que somos de aquí pensamos que todo lo demás es peor
- El Deportivo, hoy más cerca que ayer
