Opinión | O Grupo Naturalista Hábitat opina
Cosme Damián Romay Cousido
Sobre o valor das pradeiras mariñas

Garzas reales en la ría de O Burgo. / LOC
O primeiro de marzo celébrase o Día Mundial das Pradeiras Mariñas. Baixo este termo coñécense as masas de plantas vasculares con flor que viven somerxidas no mar como mínimo dúas veces ao día, e en ocasións permanentemente. Isto inclúe as pradeiras de Posidonia oceánica do Mediterráneo, de extraordinaria relevancia para a biodiversidade mariña, e, xa nas nosas costas, os cebais. A palabra cebal provén da verba ceba ou seba, coa que se coñecen en Galicia, Portugal e Canarias en especial a Zostera noltii e Zostera marina. A primeira especie é típica de zonas intermareais, e forma mantos importantes en moitas rías galegas. No caso de Zostera marina, a súa presenza nas rías é menos ampla, e está ligada a zonas con algo máis de fondura, sen influencia mareal. Estas pradeiras marinas son coñecidas pola súa enorme capacidade de almacenar carbono nas súas follas, raíces e nos sedimentos que atrapa o sistema radicular, polo que son fundamentais para combater a acidificación dos océanos (relacionada co CO2). Segundo a Fundación Aquae poden xerar ata 10 litros de oxígeno por metro cadrado e día, e os entramados das raíces axudan a mitigar a erosión costeira. Como hábitat, son fundamentais como área de cría de decenas de especies de peixes, moluscos e crustáceos, moitos deles con relevancia económica. Para moitas aves acuáticas, en especial patos e limícolas, son zonas imprescindibles de alimentación durante as súas paradas migratorias e na invernada. Segundo a organización Oceana Europe, a destrución de pradeiras mariñas supón perdas equivalentes a 60 millóns de euros anuais.
Afortunadamente, cada vez se ten en conta máis o valor destas pradeiras no relativo á planificación costeira: no plan de dragaxe de sedimentos da ría do Burgo (Culleredo/Oleiros/Cambre/A Coruña), a conservación das masas de Zostera noltii, e mesmo a traslocación daquelas extensións da especie que puideran verse afectadas pola dragaxe cara a outras zonas máis seguras, foi un dos eixos máis importantes da acción. No caso do cebal de Santa Cristina (Oleiros/A Coruña), realizáronse accións divulgativas ao seu redor. En todo caso, episodios como enchentas de ríos, verteduras contaminantes e recheos puntuais (tanto de areas de praia como de entullos e bloques) poden comprometer a conservación dos cebais.
Conclusión: Outro ano máis, o G. N. Hábitat pon o foco neste primeiro de marzo nas pradeiras mariñas, realizando accións divulgativas, entre as que destacan as excursións ao campo: este ano da man da Sociedade Galega de Historia Natural no cebal da praia das Delicias en Sada, e o ano pasado no cebal de Santa Cristina na compañía do botánico e limnólogo Rafael Carballeira.
- Adiós al asador de pollos de San Roque: el Concello de A Coruña inicia el desahucio de los locales de la atalaya de la plaza de España
- Así es la ruta de la cascarilla en A Coruña: 5 locales donde aún puedes disfrutar de este producto
- Don Pollo pide margen para desalojar la atalaya de San Roque en A Coruña: 'Nos avisaron con poco tiempo
- Nueva urbanización en Oleiros: las demoliciones llegan a los terrenos de A Xesteira
- Breogán Park incorpora a su proyecto en Agrela, en A Coruña, un hotel de la cadena B&B Hotels
- Xenlleiro, el nuevo restaurante de Arteixo que apuesta por el sabor de siempre: 'Hasta ahora no había una propuesta como esta
- La fiebre del aguacate se extiende en la comarca de A Coruña
- Récord histórico de Inditex: los analistas anticipan que ganará por primera vez más de 6.000 millones